Ribadeo, 18 de xaneiro de 2016. Este pasado luns, día 16, reuniuse o xurado do Certame de Poesía Infantil Nadal 2016 e acordou outorgar os seguintes premios:
CATEGORÍA A (ATA 8 ANOS)
“O NADAL MOLA” Darío López Sanjurjo (7 anos) C. Sagrado Corazón
“O NADAL” Nerea González Nonide (8 anos) C. Gregorio Sanz
“O NADAL” Bruno Fernández Rodríguez (6 anos) C. Sagrado Corazón
CATEGORÍA B (de 9 a 11 anos)
“QUE FOI DOS REIS?” Candela Rodríguez Cela (10 anos) C. Sagrado Corazón
“TEMPO DE NADAL” Eduardo Veiga Otero (9 anos) C. Gregorio Sanz
“O NADAL” Ignacio Gutiérrez Tamargo (10 anos) C. Sagrado Corazón
CATEGORÍA C (de 12 a 16 anos)
“NADAL HOXE E MAÑÁ” Julia Rodríguez Menéndez (12 anos) C. Sagrado Corazón
“EU QUERO…” Carís Hernández Eiros (12 anos) C. Sagrado Corazón
“UN NADAL DE VERDADE” Iker García Valle (13 anos) C. Sagrado Corazón
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, anunciou que a entrega de premios terá lugar o 27 de xaneiro ás 17:30 na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho.
O edil nacionalista manifestou que “desde a Biblioteca Municipal El Viejo Pancho queremos animar a todas as nenas e nenos a seguir practicando a escritura pois, quen se aventura a escribir vai ter máis ganas aínda de se deixar levar pola lectura. Non hai mellor semente para a imaxinación que un bo libro. Toda a comunidade educativa ribadense queda convidada xa para o seguinte concurso: o Certame Literario e de Debuxo Infantil Letras Galegas 2017. Os andeis da Biblioteca Municipal El Viejo Pancho están a agardar por todos e todas vós”.























Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



