ALFOZ .- A Deputación aportou 12 mil euros para rehabilitar a capela de Santigo de Lagoa en Alfoz. A obra consistiu no acondicionamento do contorno, arranxo da cuberta, pintura e mellora da instalación eléctrica. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado da Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, inaugurou a apertuara da capela
Nota de Prensa
A Deputación contribúe á rehabilitación da Capela da Logoa de Alfoz que data do século XVI
– Gómez Besteiro inaugurou esta infraestrutura que foi mellorada dentro do Plan de Comunidades Veciñais de 2008
– O titular provincial destacou que “ademais de satisfacer a demanda dos veciños, contribuímos a conservar unha das infraestruturas máis emblemáticas deste Concello, pero que non se podería executar sen o apoio da Deputación”
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado da Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, inaugurou este sábado a Capela de Santiago de Lagoa, no Concello de Alfoz, que foi rehabilitada con cargo ó Plan de Comunidades Veciñais de 2008. Os traballos incluíron o acondicionamento do contorno, arranxo da cuberta, pintura e mellora da instalación eléctrica. Gómez Besteiro destacou que “hoxe os veciños poden dispoñer da Capela en perfectas condicións. Coa axuda da Deputación ademais de satisfacer a súa demanda contribuímos a conservar unha das infraestruturas máis emblemáticas deste Concello, xa que data do século XVI”.
Os traballos realizados tiveron un custe total de 40.000 euros e o organismo provincial achegou para esta actuación 12.000, a máxima cantidade que outorga esta institución por cada axuda que se acolle ó Plan.
A través desta iniciativa, Alfoz recibiu da Deputación o ano pasado 29.115 euros, que serviron para acondicionar, ademais da Capela, varias pistas deste municipio que dan acceso á parroquia de Oiras e ó barrio do Castro. O Pleno provincial aprobou este martes o Plan de Comunidades Veciñais de 2009. Dentro desta anualidade, a este municipio correspóndenlle 21.470 euros, que irán destinados ó alumeado público de varios barrios e da zona de Rizal, así como ó acondicionamento da pista dos Agros.
O titular provincial subliñou que “como se pode ver hoxe, o Plan de Deputación é un bo modelo porque inclúe obras pequenas, que non menos necesarias, que esixen a unión veciñal e que non se poderían facer sen a aportación da Deputación”.
O acto inaugural contou tamén coa celebración dunha Misa, na que ademais de numerosos veciños, participaron os representantes da Comunidade Veciñal que solicitou a obra.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



