Mondoñedo, 29 de xaneiro de 2017.- O Concello de Mondoñedo prevé aprobar no Pleno do próximo mes de febreiro a ordenanza reguladora do cobro dunha taxa ás empresas polo uso de dominio público dos seus tendidos eléctricos e canalizacións de auga, gas e hidrocarburos. En concreto, o Goberno local achegou aos grupos da oposición (PSOE e BNG), para a súa suxestión, na sesión plenaria celebrada o venres un borrador desta ordenanza fiscal reguladora que inclúe unha taxa por utilización privativa e aproveitamento especial do dominio público local das instalacións de transporte de enerxía eléctrica, gas, auga e hidrocarburos.
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, explica que a administración municipal pretende regular a taxa que grava a ocupación de dominio público local “aprendendo do que están a facer outros Concellos tras as sentenzas que avalan a imposición desta cota ás empresas por utilizar bens de dominio público”.
En concreto, a rexedora considera que o termo municipal de Mondoñedo, debido a súa configuración xeográfica e orográfica, é sustento de importantes estruturas de xeración e transporte enerxético. Estas infraestruturas de titularidade privada benefícianse do domino público local no sentido, segundo indica Candia, “de que non indemnizan ao Concello o valor da súa ocupación”.
Amais, a rexedora engade que esta ocupación dos tendidos aéreos, subterráneos ou canalizacións, entre outras infraestruturas, xera importantes restricións sobre os terreos municipais ao estar ocupados de forma continua por estas infraestruturas de transporte de enerxía. De igual xeito, o non gravar a estas empresas coa correspondente taxa esta ocupación demanial espacial tamén se está a xerar un trato desigual respecto dos restantes operadores que, pola ocupación especial do dominio público local, están a pagar un tributo.
Dadas estas circunstancias expostas, a alcaldesa considera “xusto” que se efectúe unha indemnización ao Concello polo valor da ocupación destas construcións tendo en conta a maiores as limitacións operativas que xeran así como o impacto que provocan estas infraestruturas
A taxa municipal por instalacións de electricidade, gas e auga
A ordenanza fiscal reguladora que se prevé aprobar no Pleno de febreiro establece que constitúe o feito impoñible desta taxa a utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local no seu solo, subsolo e voo, tanto con instalacións de transporte de enerxía con todos os seus elementos indispensables (caixas de amarre, torres metálicas, transformadores, instalacións ou liñas propias de transporte…) como con instalacións de transporte de gas, auga, hidrocarburos ou similares.
Así, o Concello prevé gravar ás empresas ou explotadores dos sectores de auga, gas, electricidade e hidrocarburos sempre que desfruten, utilicen ou aproveiten o dominio público local en beneficio particular, tales como empresas que producen, transportan, distribúen e comercializan enerxía eléctrica, hidrocarburos e auga, así como os seus elementos anexos e necesarios para prestar o servizo neste concello.
O importe das taxas previstas pola utilización privativa ou o aproveitamento especial de dominio público local, fíxase, segundo o borrador da ordenanza, tomando como referencia o valor que tería no mercado a utilidade derivada de dita utilización ou aproveitamento, como si os bens afectados non fosen de dominio público, adoptados á vista de informes técnico-económicos nos que se pon de manifesto o valor de mercado.
Aplicación da ordenanza do 1,5%
A alcaldesa de Mondoñedo tamén indicou que na actualidade, o Goberno municipal está a aplicar unha xestión recaudatoria efectiva da ordenanza que regula o cobro ás empresas explotadoras pola ocupación do subsolo, solo e voo da vía pública do 1,5% da facturación que obteñen anualmente no termo municipal. En concreto, esta taxa supuxo uns ingresos para a administración local no 2016 superiores aos 26.000 euros.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



