Lugo, 17 de febreiro de 2017.- O Grupo Provincial do Partido Popular rexistrou esta mañá a convocatoria dun Pleno de carácter extraordinario para a aprobación da modificación do regulamento orgánico da Deputación de Lugo. Elena Candia destaca a importancia de aprobar un novo regulamento orgánico que permita garantir o funcionamento da institución e, deste xeito, “conseguir a través do reforzo das competencias do Pleno unha xestión pública, responsable, eficaz e transparente que mitigue a existencia dun Goberno provincial en minoría e que ten manifestado en múltiples ocasións a súa incapacidade para xestionar a institución”.
A voceira explicou que o seu Grupo solicitou hoxe a convocatoria dun pleno extraordinario cunha proposta única que é a modificación do regulamento orgánico de funcionamento. Así, indicou que no acordo de orzamentos do ano pasado “deramos un prazo de que rematase o ano 2016 para acometer esta modificación que, entendemos que ademais de dar maior participación a todas as forzas políticas no órgano supremo da institución, nos permite unha maior fiscalización e refórzanse as competencias que a lexislación outorga ao Pleno e tamén protexe os dereitos da oposición dunha maneira máis garantista”.
“Deuse un tempo máis que prudencial para que o Goberno o fixese ou puxera propostas enriba da mesa, podedes comprobar como a nosa aptitude neses temas sempre é a de intentar ser flexibles co presidente e deixarlle todo o tempo que necesite, incluso un pouco máis, como é o caso, que rematou o ano 2016, van case 2 meses do 2017, e agora cremos que é o momento de: se non o fan, dárllelo feito”, expuxo.
Motivación
A voceira do PP explicou que desde o seu Grupo consideran que o actual Regulamento foi quedando en parte obsoleto pola concorrencia de cambios normativos e sociais, “motivo polo que entendemos que é necesaria e urxente a súa modificación”.
Entre as razóns que xustifican os cambios está a adaptación ás modificacións da lexislación de procedemento administrativo, en especial sobre a entrada en vigor da Lei de transparencia ou dos textos que regulan a administración electrónica.
Tamén a conveniencia de clarificar certos aspectos organizativos, postos de manifesto nos últimos tempos, tales como o réxime dos deputados non adscritos, o réxime aplicable ás declaracións de bens e actividades, a transcendencia da implantación da administración electrónica no estatuto dos membros da corporación (especialmente no réxime de acceso á documentación), ou reforzar o control do Pleno sobre o exercicio das súas competencias orixinais que foron obxecto de delegación, co gallo de garantir que o alcance da delegación se corresponde coa vontade plenaria delegante en cada momento.
Consello de administración de Suplusa
A voceira precisou que esta é a primeira medida, pero avanzou que tamén se vai rexistrar a solicitude dun Consello de Administración de Suplusa para solicitar a inscrición desta entidade no rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais para facer a proposta de aprobación de orzamentos da propia entidade e, en definitiva, toda vez que seguimos sen ter moitas noticias do Goberno. “Seguimos suplindo a súa inactividade e facéndoo de xeito construtivo e pensando sempre no ben da nosa provincia. Traballando que é para o que nos elixiron os veciños e veciñas da provincia”, remarcou.


















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



