Santiago, 2 de marzo de 2017.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio inicia a campaña de recollida de plásticos agrícolas xerados en Galicia ao longo de 2017, coa que se prevé recoller tres toneladas deste material. A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, visitou esta mañá as instalacións da empresa adxudicataria (Tecnoloxía e Reciclaxe de materiais, SL (Tryma) deste contrato que procesará o plástico principalmente de orixe agrícola dos 86 concellos participantes neste programa de valorización deste tipo de residuos.
Nestas primeiras semanas, a adxudicataria iniciou os traballos de inspeccións para organizar os traballos de recollida no total dos concellos adheridos e realizou un inventariado dos puntos de recollida, así como das necesidades específicas para a recollida deste material co fin de analizar a conformidade dos accesos.
Os plásticos son entregados fundamentalmente por agricultores e gandeiros nos puntos destinados a tal fin polos concellos participantes nesta edición (ao final da nota indícase o listado de concellos), que se prolongará ata finais do actual ano.
En resumo, os agricultores e gandeiros depositan os seus plásticos agrícolas no lugar indicado por cada concello. Os residuos acumulados deberán ser exclusivamente plásticos agrícolas e estes deberán estar o máis limpos posibles e atados ou recollidos de tal xeito que faciliten a súa recollida. Unha vez que as cantidades depositadas no punto fagan necesaria unha retirada, o concello porase en contacto coa empresa adxudicataria.
Con esta iniciativa, a Consellería de Medio Ambiente aporta unha solución para fomentar a axeitada xestión deste tipo de residuos que, tradicionalmente, adoitaban ser obxecto de vertido ou incineración incontrolada co prexuízo ambiental que isto pode carrexar para a contorna e as paisaxes. Indicou que a valoración material dos plásticos agrícolas recollidos ao abeiro deste programa será dun 100 por cen.
A conselleira de Medio Ambiente sinalou que ao abeiro desta iniciativa, dende o ano 2009, téñense recollido en Galicia 22 millóns de quilos, grazas a un investimento de 1,8 millóns de euros, cunha media anual de 3 toneladas, cifra que esta ano se espera igualar.
Esta actuación é unha manifestación das posibilidades de aproveitamento dos recursos dispoñibles, toda vez que os plásticos retirados serán sometidos a un proceso de valorización material tras o que se obterá outro produto final (granza de polietileno reciclada) que poderá ser novamente empregado na fabricación de novos produtos plásticos ou na elaboración de bolsas de lixo e tubos de polietilenono.
Tamén é unha mostra da necesidade de avanzar cara unha economía circular, tratando de conciliar actividades produtivas e protección do medio ambiente, en particular polo que á xestión de residuos se refire; ao tempo que se fomenta no sector agrogandeiro a implantación dunha cultura da reciclaxe.
Concellos participantes
Antas de Ulla
Baleira
Barreiros
Bóveda
Carballedo
Castro de Rei
Cervantes
Cervo
Corgo, O
Foz
Nogais, As
Pantón
Paradela
Páramo, O
Pobra de Brollón, A
Pol
Pontenova, A
Riotorto
Samos
Sarria
Guntín
Láncara
Meira
Mondoñedo
Monforte de Lemos
Muras
Saviñao, O
Sober
Taboada
Trabada
Xermade
Xove






















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



