Foz a 01 de Marzo de 2017. As nosas mocións aprobadas foron:
-Instar ó Equipo de Goberno do Concello de Foz a que ordene á Policía Local a facer un estudo de cómo axilizar o tráfico o máximo posible na Rúa Prolongación do Pilar,rúa que une a Rúa Costa do Castro coa Rúa do Calvario, e despois de facer este estudo se proceda por parte do Concello a tomar as medidas oportunas para levalo a cabo.
-Instar ó Equipo de Goberno ó equipamento no barrio da Espiñeira, mais concretamenta na “Feira da Espiñeira” dunha zoa de esparcemento que conte cun pequeno parque infantil e cunhos aparellos de ximnasia para as persoas maiores desta zoa.
-Instar á Deputación Provincial de Lugo á reparación do firme da estrada LU-P-2013 , punto Kilométrico 1,100 ó seu paso pola parroquia de Nois.
Este pasado xoves 23, ven de celebrarse o pleno da Corporación Municipal do mes de Febreiro do Concello de Foz.
-No punto número 3 da orde do día figuraba a proposta de FPF para “Instar ó Equipo de Goberno do Concello de Foz a que ordene á Policía Local a facer un estudo de cómo axilizar o tráfico o máximo posible na Rúa Prolongación do Pilar,rúa que une a Rúa Costa do Castro coa Rúa do Calvario, e despois de facer este estudo se proceda por parte do Concello a tomar as medidas oportunas para levalo a cabo.Dende a nosa formación propoñemos dúas posibles solucións, a prohibición de estacionar a un dos lados da Rúa, ou poñela en sentido único, hai que recordar que moi cerca desta rúa hai un aparcamento público”. Unha das Rúas con máis tráfico do noso Concello a data de hoxe, podemos comprobar que pode ser a Rúa que vai por riba do Mercadona, coñecida como prolongación da Rúa do Pilar que une a Rúa Costa do Castro coa Rúa do Calvario.Esta Rúa serve de desafogo tanto do Colexio do Pilar como de moitos veciños que a utilizan para saír ou entrar en Foz. Sen embargo en moitos momentos do día ese tráfico non é nada fluído pola estreite da Rúa aumentada polo estacionamento en ambos dous lados de vehículos.Pensando na nova restructuración do tráfico coa renovacións das Rúas Álvaro Cunqueiro e Avda. da Mariña, dende “Foz,Plataforma de Futuro” entendemos a necesidade imperiosa de facer que esta rúa teña un tráfico moito mais fluído, e tanto podería facerse facilmente coa prohibición de estacionar a un dos lados da Rúa ou poñela en sentido único, creemos a necesidade de que a Policía Local do noso Concello faga un estudo e se lle de a mellor solución posible para axilizar o tráfico.Esta moción foi aprobada por unanimidade.
-No punto número 4 da orde do día figuraba a proposta de FPF para “Instar ó Equipo de Goberno ó equipamento no barrio da Espiñeira, mais concretamente na “Feira da Espiñeira” dunha zoa de esparcemento que conte cun pequeno parque infantil e cunhos aparellos de ximnasia para as persoas maiores desta zoa”. O barrio da Espiñeira, en Vilaronte, é un barrio emblemático do noso Concello.Como na maioría das parroquias a poboación vai envellecendo, pero a parroquia de Vilaronte é unha das das parroquias do noso Concello onde segue habendo un importante numero de nacementos.Nos últimos tempos puxéronse en contacto con nós veciños deste barrio expoñéndonos que lles gustaría contar cunha zoa de esparcemento na “Feira da Espiñeira” que contara cun pequeno parque infantil e ó mesmo tempo cunhos aparellos de ximnasia para as persoas maiores como hai noutras zoas do noso Concello.Hai que dicir tamén, que si ben pola semana non hai un número importante de nenos nesta zoa, os fines de semana vese incrementado nun importante número cando van ver normalmente ós avós.Esta moción foi aprobada cos votos favorables de toda a oposición e abstención do PP.
-No punto 5 da orde do día figuraba a proposta de FPF para “Instar á Deputación Provincial de Lugo á reparación do firme da estrada LU-P-2013 , punto Kilométrico 1,100 ó seu paso pola parroquia de Nois”. Nos últimos días, puxéronse en contacto con nós veciños da parroquia de Nois, para indicarnos a necesidade que ten a estrada pertencente á Deputación Provincial de Lugo LU-P-2013, ó seu paso por esta parroquia, precisamente no punto Kilométrico 1,100 dunha profunda mellora no seu asfaltado por encontrase este bastante deteriorado a consecuencia da construción de novas vivendas nesta zoa nos últimos anos. Hai que recordar que esta estrada é a que vai todo pola beira do mar polo Fondo de Nois. Esta moción foi aprobada por unanimidade.
Nos demais puntos presentados polo resto de partidos da oposición, compre sinalar que apoiamos a moción referente á couza guatemalteca e os seus efectos no cultivo da pataca.
Apoiamos a moción relativa á imposición dunha taxa pola utilización ou aproveitamento do dominio público local polas empresas titulares de instalacións de transporte de enerxía eléctrica,gas ou hidrocarburos, e apoiamos tamén a moción para garantir e transferir o servizo ferroviario Renfe-Feve.
Na moción para a “Municipalización do servizo de abastecemento e depuración de augas” que presenta o BNG, entendemos que, despois da presentada polo PSOE no pasado mes de xaneiro, esta ben con afán de protagonismo e de colgarse bandeiras para xustificar a defensa da municipalización de este servizo.
Foz Plataforma de Futuro mantén o mesmo discurso de hai varios meses. Fomos o primeiro grupo municipal en solicitar, nunha xunta de portavoces, unha valoración económica e real do custe deste servizo, dita valoración está en fase de realización por unha empresa consultora. Mentres non teñamos ese informe económico enriba da mesa, Foz Plataforma de Futuro vaise abster. Así foi o noso sentido de voto o mes pasado coa moción presentada polo PSOE e así foi o noso voto nesta moción do BNG.
Non entramos en guerras partidistas, non nos interesan os protagonismos, interésanos solucionar os problemas veciñais e deixámoslle os partidos tradicionais este “Xogo de tronos”.
A moción de urxencia relativa á “instar ó equipo de goberno a dispoñer de vivendas en aluguer para persoas en risco de exclusión social ou violencia machista” , dicir que non se postulou publicamente ante os últimos acontecementos ocorridos a pesares de ser coñecedores dende fai tempo, e nunca o fará, posto que estes temas tan delicados e tan vulnerables creemos que se deben solucionar o mas discretamente posible e nunca politizalos.Mostrámonos a favor de tódolos avances e propostas que se presenten ,nesta moción en concreto quixemos incidir no punto numero dous que pedía a modificación da ordenanza actual sobre as axudas de emerxencia social,unha ordenanza de data do ano 2009, na cal as deficiencias sociais cambiaran moito ó longo deste tempo,propuxemos unha emenda na cal pediamos formar de xeito urxente e inmediato unha comisión de traballo formada por un membro de cada grupo municipal,un técnico de asuntos sociais e o secretario.De este xeito seria e daría lugar a unha ordenanza mais elaborada ,mais traballada ,e mais completa.O resto de puntos estamos de acordo na gran maioría aínda que pensamos que tería que ser un traballo conxunto coa consellería de política social ,benestar e igualdade .Estaremos moi vixiantes a que isto se leve a cabo.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



