Foz, 10 de marzo de 2017. O Concello de Foz recibiu hoxe os traballos de limpeza e desbroce realizados na Frouxeira, labores de posta en valor que deixaron ao descuberto vestixios da fortaleza de Pardo de Cela que ata agora non estaban á vista. Ata o lugar, na parroquia de Santa Cilla, desprazáronse esta mañá o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, e o concelleiro de Obras e Medio Rural, Pedro Fernández Manín.
Javier Castiñeira explicou: “no día de hoxe vimos de recibir os traballos de desbroce e limpeza da fortaleza de Pardo de Cela. A verdade é que estamos encantados de descubrir moitísimos vestixios históricos máis do que era a fortaleza, que estaban metidos debaixo de grandes matogueiras. É un traballo importante que ven fortalecer esa aposta que está facendo o goberno do Concello de Foz polo seu patrimonio”.
O rexedor lembrou que “acabamos de ter dúas noticias moi boas referentes a San Martiño de Mondoñedo e ao castro de Fazouro; e desde logo esta para a Frouxeira é verdadeiramente estupenda porque nos vai permitir poder visitar, agora que está tamén arranxada a pista, a fortaleza da Frouseira en condicións moito mellores; incluso para aquelas persoas que teñen algún tipo de discapacidade física creouse unha zona de acceso que te leva perfectamente á localización onde estaba o propio castelo”.
O alcalde móstrase “contento polo resultado e recomendamos este lugar a todas aquelas persoas que queiran gozar dunhas vistas panorámicas excelentes da Ría de Foz e o seu entorno e dos concellos de Alfoz e Mondoñedo; e sobre todo para poder gozar de parte da historia da nosa comarca. É unha fortaleza que historicamente ten un valor incalculable, sobre todo no século XV, cando foi protagonista do famoso asalto a Pardo de Cela. Hai que felicitar aos veciños da parroquia de Santa Cilla en concreto e en xeral aos de todo o concello e de Foz porque agora temos un atractivo turístico moito mellor conservado, máis accesible e, sobre todo, moito máis visitable para veciños e turistas”.





















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



