A Mariña. 14 de marzo de 2017.Seguindo coa programación de actividades deste ano 2017, e para celebrar o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o Observatorio da Mariña pola igualdade organiza o obradoiro “Outras formas de quererse son posibles”, impartido por Coral Herrera Gómez.
Será o vindeiro sábado 25 de marzo e terá lugar nas instalacións do hotel Nordés en Burela. A actividade durará toda a xornada, mañá e tarde, cun descanso para o xantar.
Coral Herrera Gómez, que naceu en Madrid e reside en Costa Rica dende o ano 2011 aproveitará a súa xira 2017 pola península para impartir charlas e obradoriros en universidades, IES, concellos,
asociacións… En Galiza, ademais de Burela, só estará en Allariz e A Coruña.
Doutora en Humanidades e Comunicación, profesora e investigadora na Universidade da Sorbona en París, na Universidade Carlos III de Madrid e na UNED de Costa Rica. É, ademais, blogueira, escritora e
investigadora feminista. Tamén é a creadora da plataforma “Otras formas de quererse”, na que imparte talleres en liña e coordina unha rede social de mulleres, “El laboratorio del amor”, onde analiza como
construímos a realidade, como aprendemos a ser homes e mulleres ou como construímos o amor de parella, todo desde unha perspectiva feminista.
O seu lema baséase en que é posible revisar o aprendido, que non estamos condenadas a sufrir por amor, e que a ledicia e a tenrura son os ingredientes principais para construír outras formas de querernos e de relacionarnos. O amor é una enerxía que move o mundo: cambia coas épocas históricas e coas culturas.
Ela traballa con tres ideas principais: o romántico é político; ningún amor é ilegal; e outras formas de querernos son posibles. Se queredes máis información, consultade a páxina
www.otrasformasdequererse.com.
Pódese despatriarcalizar o amor, sufrir menos e gozar máis. É por iso que desde o Observatorio da Mariña pola Igualdade consideramos que esta é unha grandísima oportunidade para aproveitar a calidade
desta relatora e do tratamento dun tema de grande interese, o amor romántico, enfocado desde unha perspectiva feminista.
Por este motivo, convidamos a todas as persoas interesadas a inscribirse no citado obradoiro, advertindo que hai un número de prazas limitadas. A inscrición, cuxo custe será de 10 € (30 €
incluíndo o xantar ) , farase a través do correo observatorioigualdade@gmail.com, ata o día 22 de marzo.





















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



