Ribadeo, 15 de marzo de 2017. O Concello de Ribadeo e asociación Os Abelleiros fai un chamamento á poboación para asistir a unha xornada participativa co obxecto de Salvar a Abella e a biodiversidade.
Segundo explican desde o Concello “o fin desta xornada, é intentar minimizar o impacto da avespa velutina en Ribadeo e as súas parroquias, para elo se construirán e colocarán trampas co fin de atrapar ás reinas fundadoras, que son as que escollen os lugares onde fundar novos niños cada primavera”.
A participación está aberta a todas as persoas que desexen colaborar coa loita contra a avespa velutina (familias, nen@s, asociacións etc…). Canta máis xente asista mellor “porque iso fará posible chegar a unha maior cantidade de puntos e con el capturar un maior número de reinas”.
Esta cita terá lugar na Casa da Ría o vindeiro sábado, 18 de marzo, ás 15:30 horas. Será a organización a que levará material de refugallo, botellas e outros obxectos para a construción de trampas.
Durante a xornada amosárase como construír trampas e líquido atraínte caseiro para despois colocalas en puntos estratéxicos como os lugares onde se atoparon niños na temporada pasada, e onde hai abellas como son regatos, núcleos de poboación, colmeas, etc…
A organización quere salientar que “quizais o máis importante desta xornada é o momento posterior, isto é o seguimento e control da trampa (encher con liquido atraínte e retirada de avespas velutinas durante a campaña). E para isto facemos un chamamento a que a xente apadriñe unha trampa e que cada quén se faga responsable do seu seguimento. Unha vez que remate a campaña sortearase entre os colaboradores do apadriñamento un agasallo”.
Ademais desta xornada comunitaria e dentro do plan contra a loita da avespa velutina establecerase un protocolo de seguimento dos niños colocados así como un protocolo de actuación ante o caso de que calquera/a veciño/a atope un niño de avespa velutina chame inmediatamente a un dos seguintes teléfonos: Protección Civil 659 94 21 59; concelleiro de Medio Rural, Vicente Castro 629 29 09 13; Marcos da asociación Os Abelleiros 626 61 51 13 ou mesmo ao 112.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



