Ribadeo, 20 de marzo de 2017. Máis de 40 imaxes participaron no VII Concurso Fotográfico Día do Pai de Acisa, que se desenvolveu nas redes sociais do 3 ao 19 deste mes. E máis de 1.400 persoas votaron para elixir á mellor foto. A que reuniu máis votos en facebook, un total de 378, foi a titulada Sempre ao meu carón, de Arantxa Penedo, que recibirá 100 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados.
Na mañá deste luns reuniuse o xurado, formado por directivos de Acisa (David Martínez, presidente, e Juan Andina, vicepresidente) e por fotógrafos profesionais (Foto Miguel y ElFarero Audiovisuales) para emitir o seu veredicto. O primeiro premio, dotado con 200 euros en vales de compra de Acisa, foi para a foto Abrázame, de Alberto González Villanueva; o segundo premio foi para ¿Bailamos”, de Mª del Carmen Fernández López, que levará 150 euros en vales de compra; e o terceiro premio, que recibirá un agasallo de 100 en vales de compra, foi para Amor cómplice, de Ana Fernández Gómez.
Os afortunados recibirán os seus premios nas vindeiras horas. Desde Acisa “agradecen a participación neste curso, que chegou xa á súa sétima edición neste 2017” e subliñan que as fotografías premiadas e as presentadas poderán ser utilizadas nas diferentes plataformas de difusión da asociación, co único obxecto de promocionar a fase participativa do concurso, tal e como aparecía recollida nas bases deste VII Concurso Fotográfico Día do Pai, organizado pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos.



















O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



