Ribadeo, 20 de marzo de 2017. O pasado venres foi asinada a aprobación provisional do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Conxunto Histórico de Ribadeo. Agora o documento deberá ser informado pola Xunta para posteriormente sometelo á aprobación do pleno. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, contou que durante o período de exposición pública do Peprich foron presentadas 122 alegacións das que o 75% foron estimadas total ou parcialmente.
O rexedor subliñou que “estes días vimos de dar outro pequeno grande paso con vistas a que o casco vello de Ribadeo dispoña dun planeamento propio. De feito o pasado venres asinamos a aprobación provisional do Peprich, o Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Conxunto Histórico de Ribadeo, o que é coñecido popularmente como o casco vello”.
Suárez Barcia explicou que “despois de manter unha xuntanza cos voceiros dos diferentes grupos políticos, onde por parte da empresa redactora Eptisa lles explicamos todo este período de dous anos desde a súa aprobación inicial en abril de 2014, despois de que se abrira un período de exposición pública para a presentación de alegacións. En total houbo 122, que se referiron maioritariamente á revisión de liñas de cornixa ou de fondos edificables, das cales estimáronse de maneira total ou parcial unhas 91, practicamente o 75% das alegacións presentadas foron estimadas ou total ou parcialmente”.
O alcalde ribadense salientou que “este Peprich, que é un plan especial urbanístico do ámbito do casco vello, aínda que en extensión non é tan grande como o plan xeral loxicamente, si que conleva un sinfín de informes sectoriais de diferentes departamentos da Xunta de Galicia, de Patrimonio, de Urbanismo, de Medio Ambiente, etc…, como tamén de diferentes informes do Estado, do Ministerio de Fomento, da Autoridade Portuaria. En definitiva un total de 23 informes sectoriais que houbo que ir adaptándose aos seus requerimentos e nalgúns casos envialos varias veces ata que finalmente todos foron favorables, de aí que puidéramos facer este paso, que é a aprobación provisional”.
Fernando Suárez detallou que “agora terémolo que mandar á Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia, que terá un prazo relativamente curto para facer un último informe, para que despois o pleno da corporación poida sometelo a aprobación definitiva. Ese será o último paso necesario para que este Peprich poida entrar en vigor e conseguir os obxectivos que se pretenden”.
O rexedor relatou que “os obxectivos deste plan son a conservación, o fortalecemento da identidade e a posta en valor da vila de Ribadeo co seu conxunto histórico, manter o uso residencial como un uso característico do casco histórico, contribuír á recuperación das actividades produtivas, e rematar a ordenación do borde oriental e dos demais espazos baleiros existentes neste casco vello, e a mellora dos servizos urbanísticos e de urbanización”.
Suárez Barcia recalcou que “é moi boa noticia que ven despois dun proceso de traballo moi longo e intenso coa empresa redactora Eptisa, á que lle estamos agradecidos polo seu traballo, e esperemos que dentro de pouco poidamos falar non xa da aprobación provisional como é o caso, senón da aprobación definitiva”.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



