MADRID, 23 de marzo de 2017.- A presidenta provincial do PP e vogal da Comisión de Igualdade da FEMP, Elena Candia, reivindicou este xoves que “la igualdad es un derecho fundamental que constituye un valor capital para la democracia”. A dirixente popular fixo esta valoración na presentación da mesa redonda “Modelos de gestión municipal en materia de igualdad. La experiencia europea”, incluída na xornada organizada pola Federación Española de Municipios e Provincias “Construyendo la igualdad desde la actuación municipal”, e na que participaron o membro da Comisión de Igualdade do Consello de Municipios e Rexións de Europa (CMRE), Jaime Just; a directora da Unión de Asociacións Familiares en representación da Confederación de Organizacións de Familia da UE (COFACE), Julia Pérez Correa; a asesora da Asociación Noruega de Autoridades Locais e Rexionais (KS), Marit Tovsen; e a profesora asociada de dereito do traballo e seguridade social da Universidade de Granada e directora da área de Igualdade do concello granadino de Maracena, Francisca Granados.
Integración da dimensión de xénero nas políticas
Neste senso, indicou que “hablar de igualdad significa libertad”. É, por elo, engadiu que, é importante “que nos armemos de leyes pero también es necesaria la implicación directa de todos los sectores que operan en la sociedad. Me refiero al político, al económico e incluso al cultural”.
A este respecto, precisou que “para lograr una sociedad basada en la igualdad, es de capital importancia que los gobiernos locales y regionales integren plenamente la dimensión de género en sus políticas, en su organización y en sus prácticas, tal y como está haciendo, por el ejemplo la Xunta de Galicia”. “Como dijo nuestro presidente, debemos apostar por un feminismo sin etiquetas e integrador”, e isto será posible grazas a medidas como as emprendidas polo Goberno galego. É o caso do Plan Estratéxico para a Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres que estará vixente ata 2020 ou o primeiro plan galego de conciliación e corresponsabilidade.
Labor da FEMP
No transcurso da intervención, Elena Candia tamén destacou “o intenso labor” da FEMP, como Sección Española do Consello Europeo de Municipios e Rexións de Europa (CMRE) e membro do Consello de Cidades e Gobernos Locais Unicos (CGLU) na esfera internacional, por reforzar a participación dos Gobernos locais neste ámbito, favorecendo o traballo en rede, o intercambio de experiencias e a participación en proxectos europeos e partenarios como parte indispensable da boa gobernanza local e do fortalecemento institucional das entidades locais.
“Creo que es de justicia reconocer su trabajo, gracias al cual se está consolidando como punto de referencia especializado para el hermanamiento de ciudades, desde una perspectiva integradora del conjunto de la actividad municipal”, concluíu.
Programa do encontro
A xornada “Construyendo la igualdad desde la actuación municipal”, desenvólvese hoxe e mañá na Residencia de Estudantes de Madrid. A intervención de Elena Candia foi a terceira no programa de hoxe. Previamente á súa participación, tivo lugar a inauguración, que correu a cargo da subdirectora xeral para o Emprendemento e a Promoción Profesional das Mulleres do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades (IMIO), Begoña Suárez Suárez; a alcaldesa de Salobreña (Granada) e presidenta da Comisión de Igualdade da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Eugenia Rufino Morales; e a directora xeral de Política Institucional da FEMP, Eli Fernández Benítez.
Seguidamente, celebrouse a ponencia marco: “La Igualdad de Género en los Objetivos de Desarrollo Sostenible (2015-2030), a cargo da secretaria xeral adxunta de Cidades e Gobernos Locais Unidos (CGLU), Emilia Saiz Carracedo, así como a mesa de experiencias municipais-entidades locais mentoras. Nesta última, participaron representantes dos concellos de Pedro Muñoz (Cidade Real), Villanueva de la Torre (Guadalaxara), Cambre (A Coruña), e de Xaén.
A xornada reanudarase mañá coa ponencia “La perspectiva de género en la planificación y desarrollo de políticas locales”, a cargo da profesora e investigadora en xénero e directora da Oficina de Control Interno da Universidade de Valencia, Esther Escolano Zamorano; e rematará con dúas mesas de experiencias municipais-Conciliación e Corresponsabilidade.
Na primeira, intervirán os representantes dos municipios de La Solana (Badaxoz); Huetor de Vega (Granada); Laracha (A Coruña); Lorquí (Murcia); e, na segunda, os de Alcalá la Real (Xaén); de Fuenlabrada (Madrid); e da Deputación de Soria. Finalmente, a xornada será clausurada pola alcalcadesa de Salobreña (Granada) e presidenta da Comisión de Igualdad da FEMP, Eugenia Rufino Morales.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



