Lugo, 29 de marzo de 2017.- Ao longo de 2016 recicláronse na comarca da Mariña 1.745 toneladas de residuos de envases de vidro, o que supón un incremento do 17% con respecto ao ano anterior.
Isto supón unha media de 24 quilos de vidro reciclado por habitante, e se ben hai que ter en conta o peso do turismo nese dato -a suma de poboación flotante no verán-, o certo é que os concellos da comarca asumen máis da terceira parte dos envases que se reciclan na provincia, o 36,3% das 4.804 toneladas que rexistra o conxunto de Lugo.
O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, deu a coñecer estes datos e salientou os extraordinarios resultados que presenta a comarca, que supera a media provincial e mesmo galega tanto no que respecta ás cifras de recollida por persoa como ao incremento respecto ao 2015.
A ratio de contenerización na comarca é dun contedor por cada 134 habitantes, un dato superior á media provincial (1/156 habitantes) e tamén galega (1/185 habitantes) e nacional (1/220 hab).
O delegado salientou que esta evolución positiva é froito dun esforzo conxunto da sociedade, “que se amosa cada vez máis concienciada da necesidade de camiñar cara a un futuro sostible dende o punto de vista ambiental e económico”.
Cómpre lembrar que na actualidade, todos os concellos galegos están adheridos ao Convenio marco asinado no 2013 entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Ecovidrio, entidade sen ánimo de lucro que xestiona o proceso. Durante aquel exercicio recolléronse na provincia lucense 4.121 toneladas de vidro, o que significa que nas tres anualidades seguintes experimentamos un incremento na taxa de reciclaxe do 16,5%.
O delegado territorial lembrou que a reciclaxe de vidro é un elemento clave na loita polo cambio climático. Neste sentido, explicou que no conxunto da Comunidade Autónoma os galegos depositaron nos contedores verdes máis de 157 millóns de envases de vidro o pasado ano. Con este dato, lograron:
– Minimizar a emisión de 27.000 toneladas de CO2, o que equivale a retirar 6.700 coches da estrada durante un ano.
– Evitar a extracción de 49.500 toneladas de materias primas, o que representa cinco veces o peso da torre Eiffel.
– Un aforro de 91.600 MWh de enerxía.
Estes resultados son unha gran noticia para a sociedade galega, que consolida un hábito sustentable e responsable e, por encima de todo, para o medio ambiente e a loita contra o cambio climático. As cifras demostran a eficacia do modelo colector, pero pese ao positivo dos datos, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, traballa xa na maneira de incrementar aínda máis estas cifras no presente exercicio 2017 pois o obxectivo é seguir medrando, avanzando cara unha sociedade na que prime a economía circular.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



