Lugo, 6 de abril de 2017. O Presidente, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Burela, Alfredo Llano García, supervisaron este xoves actuacións financiadas polo Goberno da Deputación neste municipio. Campos Conde explicou que “foron 800.000 euros os fondos públicos que o Executivo Provincial achegou aos veciños deste Concello mariñá coa execución do Orzamento de 2016 co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida dende unha Deputación coas persoas, social e rural”. Para elo, o Goberno da Deputación financiou con este orzamento melloras nas dotacións públicas municipais, servizos sociais, novos postos de traballo e actividades en impulso da actividade económica e social.
Con respecto ás melloras nas dotacións públicas municipais, foron máis de 430.000 euros os achegados, para os seguintes traballos, todos contratados (uns finalizados, outros en execución e os restantes a piques de iniciáranse):
– 150.000 euros para o acondicionamento do firme das rúas Arcadio Pardiñas, Nosa Señora do Carme e Camiño Real con aglomerado en quente.
– 40.000 euros para a mellora das beirarrúas do casco urbano, adaptándoas á normativa europea.
– case 50.000 euros para ordenar o tráfico, e tamén mellorar a sinalización, das rúas Nosa Señora do Carme, Rosalía de Castro, Pardo Bazán, Castelao, Concepción Arenal, Leandro Cucurni, Río Xunco, José María González Río, Avenida da Mariña, Avenida do Cabaliño, Beiramar, Da Pedra, Cova Moura e Lamestra.
– 28.500 euros para incrementar a sinalización viaria en todo centro da vila.
O conxunto deste traballos, de 268.5000 euros, suporán a mellora integral e transformación do centro urbano de Burela. Campos e Llano visitaron hoxe a zona.
– case 16.000 euros para a mellora do alumeado público nas rúas A Veiga, Rúa Mondoñedo e Praza da Mariña, que suporán o aforro de custos enerxético ao Concello.
– 12.000 euros para o acondicionamento e equipamento dos parques infantís da localidade: Rosalía de Castro, Monte Castelo, Hospital, Suafonte e Tíjola.
– 35.000 euros para o arranxo do Barco Museo, unha infraestrutura singular e única, que se converteu nun atractivo turístico en Burela, pois amosa os diferentes modelos de captura de pesca.
– 100.000 euros para a dotación de vestiarios no campo de fútbol da Marosa. Estas foron outras das actuacións que supervisaron hoxe o Presidente e o Alcalde, pois están a piques de finalizar. Na visita ao campo de fútbol, tamén participaron membros da Sociedade Deportiva de Burela, pois adestra nestas instalacións e quixeron agradecer este investimento ao Presidente.
Dinamización económica
Estas actuacións de 430.000 euros contribúen á dinamizar a economía local de Burela, ao igual que as seguintes de 74.000 euros, superando os 500.000 euros neste eido:
– case 30.000 euros para a xeración de 6 novos postos de traballo a través do DEPUEMPREGO. Son 2 conserxes, 2 albaneis e 2 xardineiros, que contribuirán á prestación de servizos municipais, que se incorporarán nas vindeiras semanas unha vez resoltos os procesos de selección pública e abertos a todos os cidadáns.
– 32.000 euros para contribuír á celebración da Feira do Bonito, Feira do Libro, Liga Galega de Traíñas e o Festival Osa do Mar, citas que reúne a centos de persoas de distintos puntos da xeografía galega en Burela.
– 12.000 euros para a mellora de embarcación de pesca de baixura. Son axudas, resoltas nun proceso de concorrencia competitiva de case 100.000 euros, para que os profesionais deste sector melloren e doten de equipamento as embarcacións.
Benestar
O Goberno da Deputación achegou a Burela máis de 91.000 euros para o impulso do benestar. Con case 17.000 euros desta cantidade, o Goberno da Deputación financia na súa totalidade o Servizo a Domicilio a 54 maiores que non reciben axuda algunha por parte da Xunta ao non estar catalogados como dependentes. Outros dos importantes investimentos no eido social, son os 40.000 euros que achegou o Executivo Provincial para acondicionar integramente as instalacións da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña, situadas en Burela. A maiores, outros 34.500 euros son para outras actividades sociais, educativas ou culturais que favorecer o envellecemento activo e fomentan o intercambio cultural e xeracional. Hai que ter en conta que os veciños de Burela son de 40 nacionalidades e que, pola a súa media de idade, é o Concello máis novo da provincia.
Dinamización Social
Para a dinamización social de Burela e contribuíndo á actividade que desempeñan os colectivos de toda índole deste Concello, o Goberno da Deputación achegou outros 210.000 euros, pois nesta partida inclúense as axudas a colectivos culturais e deportivos para o desempeño da súa actividade, como, por exemplo, o Club Deportivo Burela, que é o único club de España con equipo masculino e feminino en 1ª División de Fútbol Sala.

























A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. 



