Alfoz, 7 de abril de 2017. Durante a Semana Santa celebrarase a III Ruta de Tapas de Alfoz, organizada pola Concellería de Desenvolvemento Local do Concello de Alfoz en colaboración coa hostalería local e a ACIA de Alfoz. A ruta desenvolverase desde o venres 14 de abril ata o domingo 16. Nesta edición participarán un total de sete establecementos compostos por Restaurante A Naranxa, Bodegón Ponte de Pau, Restaurante O Frenazo, Bar Rodolfo, Casa Pereiras, O Bar de Elvira e Bar San Pedro.
Os participantes nesta ruta entrarán no sorteo de 200€ en vales de compra no comercio local de Alfoz. Para optar ao sorteo, os participantes deberán selar a tarxeta de participación en todos os establecementos participantes en alomenos dúas das tres xornadas da ruta. As tarxetas estarán a disposición dos participantes en todos os establecementos pertencentes á ruta.
As tapas que se poderán degustar nesta ruta serán gratuítas e serán valoradas polos participantes, habendo un premio á mellor tapa.
On venres 14 haberá ademais unha ruta de sendeirismo á Pena Abaladoira, organizada por O Freixo do Lobos en colaboración co Concello de Alfoz. Para anotarse a esta ruta poden chamar ao 657 84 92 00. Ademais, durante esta xornada, un microbús percorrerá Alfoz con paradas nos bares participantes e no Castelo de Castrodouro, que permanecerá aberto durante esta Semana Santa en horario de mañá de 11 a 14 e de tarde de 16 a 19.
Esta terceira edición da ruta das tapas coincidirá na fin de semana da celebración das probas artísticas das IV Olimpiadas Interparroquiais de Alfoz, un aliciente mais para visitar as terras de Alfoz. Os premios entregaranse na derradeira xornada das Olimpiadas Interparroquiais que se celebrarán o vindeiro 22 de abril.




















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



