A Mariña 11-4-17. D. Vidal Martínez-Sierra López, Presidente do GDR-1 Asociación Terras de Miranda, congratúlase polo éxito acadado na primeira convocatoria do programa Leader 2014-2020 e quiere persoalizar o mesmo na xerente, Mª Elena Martínez Paz e administrativo, Isabel Villalba Goás, equipo xestor, sen cuxa adicación e esfuerzo esto non tivera sido posible.
O número de proxectos presentados foi de 52, representando unha inversión total no territorio de case nove millóns de euros.
Do total de proxectos, un 60% corresponden a proxectos productivos, un 26% a non productivos de Entidades Locais e o resto a proxectos non productivos de Entidades sen ánimo de lucro.
Esta primeira convocatoria abriu cun orzamento total de 841.905,24€, correspondendo este importe á anualidade 2017 e unha parte para proxectos bianuais 2017-2018.
Nos vindeiros meses farase a valoración dos expedientes, os cais optarán a subvención en réxime de concurrencia competitiva; segundo o baremo e a estratexia de desenrolo aprobadas polo Agader para a execución deste programa Leader 2014-2020.
Todos os proxectos presentados que non consigan subvención nesta primeira convocatoria, poderán, se o desexan, optar á convocatoria do ano que vén, competindo coos proxectos que se presenten a mesma.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



