Lugo, 19 de abril de 2017.- O Grupo Provincial do PP presentou hoxe unha moción para o seu debate no vindeiro Pleno na que lle pide ao Goberno da Deputación que adopte as medidas necesarias para garantir que a achega do organismo provincial ao Plan Único cos Concellos sexa como mínimo igual á cantidade de 20 millóns de euros, con independencia das achegas que poidan realizar as administracións locais.
Os populares presentan esta moción ante as sospeitas de que esta contía non sexa a que finalmente se destina aos concellos da provincia despois da reunión mantida esta mañá entre o presidente e os alcaldes na que Campos deixou caer a posibilidade de que esa cifra se vexa reducida.
Os populares precisan que na sesión ordinaria celebrada pola corporación provincial o pasado 27 de decembro de 2016 aprobouse por unanimidade unha moción do Grupo Provincial Popular relativa á elaboración dun Plan Único de colaboración cos concellos da provincia de Lugo, así como a súa inclusión no orzamento do ano 2017.
Grazas a esta iniciativa acordouse:
1.- Que a Deputación Provincial de Lugo elaborara un Plan Único de colaboración cos concellos da provincia de Lugo e que se incluíra xa no Orzamento do ano 2017.
2.- Que se convocara, á maior brevidade posible, unha Xunta de Voceiros co obxectivo de traballar na elaboración das bases do Plan Único de colaboración cos concellos da provincia de Lugo na que acordar o importe dedicado ao mesmo de cara ao Orzamento de 2017.
Posteriormente na Xunta de Voceiros para tratar o Plan Único cos concellos 2017 celebrada o 13 de marzo de 2017 (previa á celebración do pleno extraordinario no que se sometía á aprobación inicial o proxecto de orzamento para o ano 2017) o equipo de Goberno aceptou destinar a este plan un orzamento de 20.000.000,00 €. (10.050.000,00 €. fixo e 9.950.000,00 €. variable).
Na sesión plenaria extraordinaria do 14 de marzo de 2017 aprobouse por maioría a proposta de aprobación inicial dos orzamentos para o ano 2017, incluída unha emenda de adición ás bases de execución ao proxecto de orzamentos da Deputación de Lugo para o ano 2017 (Base adicional primeira: Plan Único de Cooperación cos 67 concellos da provincia) en virtude da cal e segundo consta na acta:
“Elaborarase un Plan Único de Cooperación cos 67 Concellos da Provincia, o cal estará dotado dun crédito mínimo de 20 millóns de euros. Estará dotado cunha cantidade mínima total de 20 millóns de euros, créditos que en ningún caso poderán ser utilizados para outros fins que non sexan o financiamento deste Plan Único.
A oposición blindou o acordo dos 20 millóns de euros
O traballo realizado polos Grupos da oposición foi o que finalmente fixo posible a inclusión do Plan Único de Cooperación cos concellos no orzamento provincial para o ano 2017 cunha achega de 20 millóns de euros. Así, o presidente da Deputación ten amosado en numerosas ocasións a súa vontade política e a do Goberno que preside sobre esa achega dos 20 millóns de euros.
Así o evidencian as múltiples manifestacións feitas polo goberno provincial. Sirva como exemplo a nova publicada na propia web da Deputación de Lugo. Aprobadas no Pleno as bases do Goberno sobre o Plan Único para inxectar 20 millóns en beneficio dos 300.000 lucenses. O Pleno da Deputación aprobou por unanimidade este martes as bases sobre o Plan Único que presentou o Goberno Provincial, coas que garante un investimento de 20 millóns de euros nos 67 Concellos da provincia en claro beneficio dos máis de 300.000 lucenses”.
Garantir o cumprimento do plan
Así, despois da reunión de hoxe cos alcaldes, o PP demanda que o Goberno Provincial adopte as medidas necesarias que garantan o cumprimento do xa co consensuado con todos os grupos da oposición e co aprobado polo pleno da Corporación provincial respecto ao Plan Único cos concellos 2017. Tamén solicitan que a achega provincial ao Plan sexa como mínimo igual a cantidade de 20 millóns de euros – que podería incrementarse se a corporación así o acorda – con independencia das achegas que realicen os concellos.





















Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



