RIBADEO .- Unhas 25.000 persoas pasaron pola oficina de turismo de Ribadeo durante os meses de xuño, xullo e agosto, segundo os datos facilitados esta mañá polo alcalde, Fernando Suárez. Desa cifra, 23.000 son cidadáns españois procedentes na súa maioría de Galicia (4.000) e seguidos a unha certa distancia por madrileños, cataláns, asturianos e vascos. E 2.000 visitantes son cidadáns doutras nacionalidades “os franceses son os que máis veñen por aquí, seguidos de ingleses, alemáns e italianos”, explica o rexedor que fai un balance positivo destes datos “que se veñen incrementando nos últimos tempos”.
Suárez Barcia engade que o que máis valoran e polo que máis preguntan os turistas “é pola praia das Catedrais que xa é patrimonio de todos… é a máis visitada, a máis preguntada e máis demandada. Tamén se interesan polo casco vello de Ribadeo coa súa arquitectura indiana…a Torre dos Moreno e os edificios nobres e preguntan porqué algúns deses inmobles se atopan nun estado pésimo. Nós agardamos que en breve Ribadeo cambie esa imaxe mala que ten do seu casco porque como dicimos moitas veces é unha fonte de riqueza e de turismo telo ben rematado. E os que nos visitan tamén se interesan pola reserva da biosfera, preguntan pola ría e polos Oscos”.
O alcalde de Ribadeo lembra as iniciativas que realizou o Concello en tempada baixa “coma o tren de Feve que trouxo a un número importante de viaxeiros de Asturias, e tamén os novos folletos turísticos editados en galego, español e inglés están a ter moi boa acollida, o que nos indica que debemos ir potenciando este tipo de turismo que supón que gasten os seus cartos na hostalería e no sector terciario de Ribadeo”.
Fernando Suárez cualifica os datos coma “positivos aínda que non debemos caer na autocomplacencia, pero si que nos permiten ser moi positivos de cara a eventos que están aí ás portas coma o Xacobeo 2010. Agardamos que este convenio asinado co Bispado e a Xunta para rehabilitar o colexio das monxas e convertelo nun dos principais albergues de todo o país tamén redunde en positivo de cara ao turismo que chega ano a ano a Ribadeo”.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



