BURELA .- A delegación de Benestar Social realizará diversas actividades neste último trimestre do ano dentro do programa de atención ao inmigrante. Segundo explica Neves Cando “temos seis eixos básicos de actuación que son: educación, emprego, vivenda, servizos sociais, muller e sensibilización”.
Dentro do ámbito da educación “vaise desenvolver un obradoiro de lecturas interculturais coma acción para promocionar a educación cívica e intercultural, algo fundamental no noso concello pola alta taxa de inmigración que temos. Traballarase cos colexios e cos institutos de Burela doando desde o Concello unha remesa de libros elixidos polo profesorado dos centros para traballar cos rapaces nas aulas. Serán os alumnos de 6º de primaria e 2º da ESO. E tamén queremos axudar ao igual que os centros a realizar unha acollida educativa eficaz polo que terán lugar unha serie de charlas sobre o sistema educativo e sobre a continuación dos estudios”, explica Neves Cando.
Emprego, vivenda e servizos sociais
A concelleira de Benestar Social anuncia a “realización dun curso de autoemprego no cal os participantes aprenderán os pasos previos e os distintos trámites administrativos para poñer en marcha un negocio, ademais de motivalos para o autoemprego coma outra saída laboral”.
Neves Cando engade que no eixo da vivenda “vemos a necesidade de ofrecer unha orientación específica a cerca das modalidades de aluguer e de compra de vivenda que poden atopar”.
No ámbito dos servizos sociais “a pesares da grande traxectoria que temos, o fenómeno da chegada de inmigrantes é cada vez máis complexo e as medidas de actuación para unha óptima integración non son doadas, por iso imos desenvolver unha xuntanza dos profesionais dos servizos sociais, dos técnicos de inmigración e de todos aqueles que teñan unha relación directa ou indirecta con este fenómeno para poder entre todos ir achegándonos un pouco máis á realidade actual”, segue a relatar a edil nacionalista.
Polo que se refire ao eixo da muller, Neves Cando, apunta que “imos celebrar un obradoiro de autocoñecemento para abarcar temas coma o coñecemento do propio corpo, as relacións interpersoais, as técnicas de relaxación ou o uso de métodos anticonceptivos. E tamén imos ter un curso de redeiras para ensinar este oficio ás mulleres inmigrantes para que así poidan axudar á economía familiar”.
E en materia de sensibilización “temos dous obxectivos. O primeiro pasa por promover unha mellor comprensión dos procesos e fenómenos migratorios para diferenciar prexuízos e estereotipos. Imos continuar co arquivo documental de inmigración; queremos dotar á nosa biblioteca dunha sección específica sobre inmigración e integración e continuar a traballar cos membros das asociacións de inmigrantes para amosarlles aos rapaces a inmigración de primeira man de xeito experimental deixando patentes aspectos emocionais dos que ás veces nos esquecemos ao abordar esta temática. E o segundo obxectivo é establecer espazos de encontro entre a poboación inmigrante e a autóctona. Xunto con Tabanka imos realizar un obradoiro de cociña intercultural no local da asociación de amas de casa”, conta a delegada de Benestar Social e tenente de alcalde de Burela.



















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



