Xove, 4 de maio de 2017.Todo está listo en Xove para a celebración da Festa das Flores neste mes, os días 12 e 13 de maio.
O programa dará comezo o venres coa intervención de Marica Campo: “Cando a vida estal en flores”, seguida dunha interpretación musical e poética de Eduardo R. Basanta e Victor Rolle, a partir das 20:30 horas. Ás 22:30 haberá actuacións de Joni Ramos e Ménage á Troix.
En Chao da Aldea o sábado ás 11:00 da mañá se fará a inauguración da festa, xunto co a exposción fotográfica e xogos populares, amenizado por un pasarrúas do Grupo de Gaitas Saiñas de Xove. Ás 12:30 horas terán lugar as ofrendas tradicionais á Virxe María, seguidas de misa, cantada por Louvanzas Novas, á unha do mediodía e de procesión. Para as 14:30 horas está prevista a sesión vermú, que amenizará a Banda de Música o Landro de Viveiro. A xornada de festa continuará co xantar popular ás 15:00 horas, coa Gymkana ás 17:30 horas e con a foliada “Quen non baila, anima” a partir das 19:30 horas. Xa pola noite a partir das dez e media actuacións musicais de Dúo Eclipse, Ricardo Parada e DJ Karras.
Como actividades paralelas explican desde a directiva da asociación “teremos os xogos populares no atrio da igrexa: bolos celtas, cordas, tres en raia, aros, buxainas e sacos, e a exposición fotográfica doutras edicións da Festa das Flores”.
Desde a directiva da Asociación de Comerciantes de Xove subliñan que “este año teñen que dar as gracias a todas as empresas de Xove que quixeron colaborar económicamente no evento, ademáis do Concello de Xove, xa que sin eles non sería posible a mesma”. E engaden que “todas as persoas que o desexen poden atopar información detallada na nosa páxina de facebook Aciam Xove”.





















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



