Lugo, 5 de maio de 2017. O Executivo da Deputación ofrece un total de 71 obradoiros e demostracións en vivo de artesanía aos 67 Concellos da provincia de Lugo, así como a todos os asociacións lucenses. Faino a través da programación Promoción da Artesanía 2017 , que aprobou este venres na Xunta de Goberno. Conta cun orzamento de 35.000 euros para asumir todos os custos da organización e celebración desta actividades en impulso do sector artesanal da provincia.
Así o informou hoxe a vicevoceira do Goberno Provincial, Pilar García Porto, que explicou que maña se publicarán as bases desta programación no BOP e o luns abrirase o prazo de solicitude ata o 21 de maio incluído. As bases e anexos estarán a próxima semana en www.deputacionlugo.gal. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Provincial.
Haberá unha inscrición para todos os artesáns interesados. Para garantir a igualdade de participación, estes entrarán nunha bolsa á que o organismo provincial recorrerá á hora da celebración dos obradoiros e demostración. A súa selección rexerase por rigorosa orde de solicitude e entrada en dita bolsa. Terán que cumprir cos requisitos que se establecen nas bases. A outra inscrición será para todos os Concellos e asociacións da provincia que desexen beneficiarse destas actividades, que son totalmente gratuítas para os mesmos.
Dúas liñas
O Promoción da Artesanía 2017 contempla dúas liñas cun total de 35.000 euros:
1ª.- Obradoiros Artesáns. Esta liña conta cunha achega de 22.000 euros, cos que se poderán celebrar un total de 30 obradoiros na provincia: traxe tradicional popular, coiro, encaixe de palillos, cestaría, fotografía, instrumentos musicais, talla de madeira, tornaría, tear, olaría tradicional, cantaría, encadernación, pinturas e revestimentos decorativos, papel, papel artesanal, escenografía ou monicreques. Cada un deles ofrece 25 horas formativas, será financiado en solitario polo organismo provincial con 700 euros. Isto implica que, en total, serán ao redor de 750 horas de formación.
2ª- Demostracións en vivo. Esta liña está dotada con 13.000 euros, coa se poderán celebrar 40 demostracións en vivo: coiro; olaría; cestaría; cantaría; forxa; talla de madeira; torno; tear e creación de espectáculos de monicreques. Cada demostración deberá ser dun mínimo de 4 horas, será financiada en solitario polo organismo provincial con 300 euros. Isto implica que, en total, serán ao redor de 300 horas de demostracións.
Emprego
O Executivo da Deputación tamén acordou hoxe na Xunta de Goberno propoñer á Xunta de Galicia a celebración de 2 accións formativas remuneradas para un total de 32 desempregados lucenses co fin de facilitar a súa inserción laboral. Ambas as dúas accións están dirixidas a mozos menores de 25 anos, ou de 30 nos casos de persoas con capacidades diferentes. Ofrecen 970 horas de formación, remunerada cuns 700 euros. Estas accións contan tamén co certificado de profesionalidade correspondente.
Os obradoiros que o Goberno Provincial presentou ao Goberno Galego son:
•Interconectando co Terceiro Sector, co que se busca crear unha intranet dirixida ás entidades sen ánimo de lucro (Terceiro Sector) e á Deputación de Lugo para establecer unha nova canle de comunicación telemática. Esta acción inclúe tamén un módulo de Community Manager ou Social Media Manager co que os participantes afonden en novas estratexias de comunicación online.
•Oriéntate e Coñece Europa, co que se busca por en marcha unha nova plataforma online para facilitar a busca de emprego. Nela reuniránse todos os recursos necesarios para tal tarefa, como poden ser; modelos de Currículo Vitae, cartas de presentación, como preparar unha entrevista de traballo, enlaces a paxinas de RRHH, portais de emprego, estudos do mercado de traballo, programas Europeos relacionados con emprego. Posteriormente, esta plataforma será incorporada á web provincial www.deputacionlugo.gal; así como a dos Concellos que o desexen.




















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



