NOTA DE PRENSA
O BNG cualifica de engano masivo o intento do PP de tratar de vender como un avance o retraso en catro anos do remate do corredor Barreiros-Ferrol
Veiga acusa a Balseiro de vender á Mariña ao non apoiar a proposta nacionalista que contaba co aval unánime de varios concellos da comarca e das deputacións de Lugo e A Coruña
A Mariña, 10 de decembro de 2009. O Bloque Nacionalista Galego por medio do seu portavoz comarcal, Antonio Veiga, tachou como escusas de mal pagador os argumentos esgrimidos polo PP para non apoiar a Proposición Non de Lei na que se reclamaba á Xunta e ao goberno do Estado ao establecemento dun cronograma de actuacións con financiamento necesario para o remate do vial Barreiros-Ferrol no horizonte de 2013. No debate, presenciado por varios cargos institucionais da Mariña e Ferrolterra demostrouse que o PP trata de vender como un avance o que supón un retraso de catro anos nas previsións de remate deste vial, mesmamente ninguneando os acordos unánimes de varios concellos da Mariña e A Deputación de Lugo e o acordo maioritario na Deputación da Coruña.
E un engano masivo que o PP trate de vender como avances un retraso de catro anos
Os nacionalistas acusaron ao PP de tentar un engano masivo coa cidadanía da comarca da Mariña ao tratar de presentar como un avance o que na práctica supón un retraso na execución da obra no tramo autonómico de catro anos. Veiga concretou que o portavoz do Partido Popular lonxe de asumir como un retraso a rebaixa do 75% no investimento previsto polo bipartito para 2010, ou a parálise na tramitación dos proxectos entre 2000 e 2005, tivo a cara dura de achacar ao bipartito toda a responsabilidade cando este tiña unhas previsións de remate no 2013 que o actual goberno retrasa até 2017. Antonio Veiga, lembrou que ao PP non lle valían o ano pasado as previsións de remate no 2013 para o que convocaban manifestacións e agora dan por bos os retrasos de 4 anos cando eles mesmos comprometían a súa finalización no 2007, “os compromisos do PP son papel mollado, xa o foron no pasado e seguirano sendo no futuro”, remachou Veiga. A maior afondamento, o nacionalista preguntouse cal é o respecto institucional que ten o Partido Popular cos acordos aprobados polos plenos dos concellos da Mariña e as Deputacións de Lugo e A Coruña, “á vista do que sucedeu onte ao goberno de Feijoo impórtalle non lle importa nada o que reclamen as institucións da Mariña, Ferrolterra e Ortegal”
O PP no debate de onte pechou a vía institucional polo que deberá ser a sociedade quen reclame por outros medios a axilización desta infraestrutura.
Veiga denunciou que a actitude do PP no debate de onte da por pechada a vía institucional para a axilización desta infraestrutura polo que deixa o campo aberto a que a sociedade no seu conxunto leve adiante outro tipo de accións reivindicativas. Neste campo enmarcou a convocatoria remitida polo alcalde de San Sadurniño que remitiu carta a tódolos cargos institucionais dos concellos do norte galego afectados por este vial para unha reunión que terá lugar o venres 11 ás sete da tarde na Casa da Cultura do Concello de San Sadurniño, Veiga anunciou que os representantes nacionalistas van estar aí e agarda o mesmo compromiso dos representantes doutras organizacións políticas, “non pode ser que ademais de apaleados lle debamos rir as grazas aos que levan anos botando terra sobre o desenvolvemento da nosa comarca”
Veiga responsabiliza a Balseiro de paralizar o vial xa que o seu voto chegaba para sacar adiante a axilización das obras.
Antonio Veiga quixo facer fincapé na falta de coherencia dos representantes populares da Mariña no parlamento que fai un ano chamaban á mobilización e agora serven de parapeto aos recortes orzamentarios da Xunta de Galiza con esta infraestrutura. O nacionalista estivo presente no debate do parlamento, xunto con outros representantes institucionais do BNG nas comarcas da Mariña e Ferrolterra, e sinalou que “da vergoña allea ver como o Sr. Balseiro vota en contra do que reclamaba fai escasamente un ano, ou fai escasos días no pleno de Cervo onde é concelleiro”. Os votos dos dous representantes mariñaos do PP serían suficientes para sacar adiante esta iniciativa, mais “polo que se veu a Balseiro e a Enma Álvarez impórtanlles mais os seus salarios como parlamentares que a defensa dos interese dos veciños que lles votan”






















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



