RIBADEO(FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, daralle cumprimento ao auto que o obriga a executar unha demolición pendente desde finais da década dos 90. Desde o xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo advertíronlle que lle imporán multas coercitivas sucesivas de 1.200 euros si o 31 de marzo non se derrubou o exceso de altura dese inmoble.
O rexedor sinalou que “eu como alcalde de Ribadeo, debo dicir o que sempre digo, para este caso e para os demáis, que as sentenzas hai que cumprilas, non se discuten e cando son firmes, como é o caso, temos que facer o que a xustiza manda. Eu non digo esto agora porque a xustiza lle advirta ao alcalde que si antes de marzo a cuberta deste edificio non está demolida lle aplicará unha sanción económica. Esto non é o que nos move, nin é o que me move a min persoal nin politicamente nin moito menos, de feito desde hai moito tempo, e levo máis de dous anos como rexedor de Ribadeo, teño feito movementos no senso de cumprir a sentencia”. Suárez Barcia lembrou que “primeiramente pagamos o proxecto que estaba no Colexio de Arquitectos encargado polo Concello na época do anterior alcalde, licitamos a obra, esta quedou deserta, eu despois ofrecinlla a algunhas empresas que inicialmente estaban interesadas por si a querían levar elas directamente e tamén rexeitaron o ofrecemento, convidei á asociación de promotores de Galicia para ver si alguén dos seus asociados quería levar esta obra e finalmente hai uns días pedinlle opinión e axuda ao presidente da Deputación de Lugo para que nos bote unha man na execución desta sentencia”.
Fernando Suárez subliñou que “todo o que estaba na miña man estíveno e estouno a facer, pero esto non é suficiente para a xustiza segundo o auto que nos acaban de remitir, e non me queda outra que cumprir coas súas últimas consecuencias o mandato xudicial, porque eu, en todo caso, non son problema nin son obstáculo, eu estou a colaborar e colaborarei sempre coa xustiza, pero segundo a lexislación o alcalde é o competente en materia de reposición da legalidade urbanística. Polo tanto, a responsabilidade é do cargo non da persoa, si eu mañá cesara, ben porque dimitira, porque perdera unhas eleccións… a seguinte persoa que ocupase o posto de alcalde debería asumir esta mesma execución de sentencia. Non é unha cuestión persoal contra min, é contra o cargo de alcalde que neste momento está desempeñado por min”.
O alcalde de Ribadeo manifestou que “esto ven de longo, desde finais dos 90, e son o terceiro alcalde ao que lle toca lidiar con este asunto. Houbo o alcalde de cando se produciron estes feitos o señor Andina, houbo outro alcalde polo medio o señor Pérez Vacas, e agora tócame a min, xa na parte final na que a xustiza xa non quere máis dilacións con este proceso”.
Fernando Suárez engadiu que “a parte de cumprir a sentencia, como alcalde e como persoa humana que son fágome cargo da situación na que quedan os veciños deste edificio. Tentaremos na medida da legalidade e das nosas posibilidades non deixalos colgados para que a execución dunha sentencia non cree uns problemas colaterais que igual se están a esquecer.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



