A Mariña, 29 de maio de 2017. Unha vez mais unha nova ameaza proxéctase sobre a comarca da Mariña. Desta vez chove sobre mollado, pois é un problema xerado pola empresa pública Renfe en xullo de 2016 cando unilateralmente e sen previo aviso decidiu interrumpir o servizo de transporte de mercadorías en Galiza a través de FEVE entre Ferrol e Irún, afectando prinicipalmente ao transporte de aluminio da factoría de Alcoa en San Cibrao entre Xove e Amorebieta. Despois de varias negociacións entre a empresa e Renfe, restableceuse o servizo cinco días á semana, pero case un ano despois a situación volve a ser preocupante, pois a incerteza na nova negociación, que tería que rematar antes de finalizar este mes leva á factoría Alcoa a plantearse o transporte de aluminio por estrada.
O BNG sigue a demandar do Ministerio de Fomento que RENFE manteña na súa totalidade o servizo de mercadorías a través de FEVE entre a factoría de Alcoa e Amorebieta.
Esta situación suporía un grave problema para a comarca e un perigo para a circulación polas estradas mariñás, saturadas de tráfico e en pésimas condicións. Neste sentido manifestouse a responsable comarcal do BNG, Ana Ermida, quen afirmou que “coa situación económica que estamos a vivir, non é de recibo a actitude do goberno do Partido Popular condeando á comarca da Mariña a seguir tendo unhas pésimas estradas, sen autovía e promovendo o desmantelamento de RENFE-FEVE”, con graves consecuencias para o transporte de mercadorías (aluminio, madeira….) e para a mobiidade das persoas.
O BNG vai seguir reinvidicando e instando ao Ministerio de Fomento que a empresa pública RENFE manteña na súa totalidade o servizo de mercadorías a través de FEVE entre a factoría de Alcoa e Amorebieta coas frecuencias anteriores á data da súa interrupción o 14 de xullo de 2016.
O PP volve a traizoar a esta comarca
Para o BNG non son de recibo as actitudes e posicionamentos demagóxicos do Partido Popular nas diferentes institucións onde se presentan estas reivindicacións (concellos, deputación, parlamento……) onde votan a favor destas propostas e despois desde as súas responsablidades executivas e de goberno fan todo o contrario, traizoando aos veciños desta comarca.



















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



