Ribadeo, 8 de xuño de 2017. A asociación Amadores da Música está preparando a celebración do 25º aniversario da banda municipal de Ribadeo, que se cumpre este ano. As actividades que xa están programadas son unha exposición sobre a historia da formación e un concerto especial, actuación na que pretenden que participen boa parte dos músicos que pasaron pola formación.
Na mostra exporanse fotos, programas e carteis de concertos, instrumentos, traxes dos músicos, artigos de prensa e outros obxectos relacionados coa Banda ribadense durante estes 25 anos.
Estará aberta ao público na planta baixa do edificio da Casa do Mar do 18 ao 25 de agosto.
E o concerto conmemorativo do 25º aniversario está programado para o día 19 de agosto e a directiva de Amadores da Música anima aos ex compoñentes da Banda a que se unan aos membros actuais para facer unha actuación especial. Para iso fan un chamamento aos músicos que pasaron pola formación durante estes 25 anos para que se apunten o antes posible para participar neste concerto; poden facelo a través do correo electrónico amadoresdamusica@yahoo.es ou chamando ao teléfono 629.881.930, co que tamén poden contactar vía whats app. Despois enviaranlles o repertorio que se interpretará, coas partituras, e as datas dos ensaios, que está previsto que empecen a principios de agosto. “Queremos que todos os que estean en disposición de tocar formen parte da banda nesta actuación e os que non gustaríanos que polo menos se acheguen ata alí para reunirnos nesa xornada tan especial, na que tamén celebraremos a churrascada que facemos todos os veráns”, explican desde Amadores da Música.





















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).