Barreiros, 8 de xuño de 2017. O alcalde, Alfonso Fuente, pediulle á conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, que se axilicen os trámites para a construción da nova depuradora en San Miguel de Reinante. Nun encontro mantido nas últimas horas o rexedor barreirense trasladoulle á titular de Medio Ambiente que “non se pode esperar máis tempo por esta obra”.
Alfonso Fuente explicou que “na reunión mantida coa conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, o que lle trasladei foi a necesidade de levar a cabo xa de maneira inmediata algunhas das obras que estaban contempladas no proxecto que encargou no seu día Augas de Galicia. Toda vez que o Concello xa sacou a concurso, xa ten adxudicada e se están facendo as obras de abastecemento, hai que traballar agora na parte de saneamento”.
O rexedor barreirense subliñou que “sobre todo na urxencia que temos de ir mellorando aquela depuradora que temos en Reinante, e tendo en conta que o resto de depuradoras, que se inauguraran en torno ao ano 2005, están funcionando dunha maneira máis ou menos óptima, a de Reinante a verdade é que ten momentos puntuais cunha carga excesiva á que pode tratar. Necesitábamos polo tanto solucionar ese problema e iniciar xa os trámites para construír esa nova depuradora en San Miguel de Reinante”.
Alfonso Fuente comenta que “estaba na reunión tamén o director de Augas de Galicia e comprometéronse a volver coller ese proxecto, intentar volver darlle adiante, e darlle un impulso como ten que levar”.
Para o alcalde de Barreiros “non se pode esperar máis tempo. A pesares de que os resultados da calidade da auga, os análises da auga que temos na praia de Arealonga, en Reinante, son bos e non hai ningún problema para o baño, iso non nos pode facer caer na deixadez de non sacar adiante este proxecto. Sobre todo nesa zona sensible tan preto da praia de As Catedrais, que evidentemente aínda que non estea noso concello, nós tamén queremos protexela, non cabe dúbida, non”.





















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



