Lugo, 9 de xuño de 2017. O Goberno da Deputación ofrece dende os meses de xuño a outubro 104 actuacións de grupos teatrais en 44 Concellos da provincia co Buxiganga. Trátase da iniciativa posta en marcha polo Executivo Provincial para dinamizar a actividade cultural nos municipios, cun orzamento de 40.000 euros, e para dar a coñecer e promover a actuación de grupos de teatro afeccionado lucenses.
Buxiganga está dirixido tanto aos municipios da provincia que solicitaron a celebración de actuacións, como ás asociacións sen ánimo de lucro que teñen entre as súas finalidades a promoción da cultura. En concreto, nesta edición participan 34 Concellos e 30 asociacións que acollerán as actuacións de 35 grupos teatrais da provincia.
A programación teatral comeza mañá ás 12:00 horas no salón de actos do CEIP Albeiros de Lugo da man da súa ANPA no que Alentía Teatro representará a obra Manancial de fantasía. E ás 17:30 horas no centro social da parroquia de Carballo, no Concello de Friol, a Asociación Carballo Vivo acollerá a representación da peza clásica A ola de ouro do grupo Pinchacarneiro. Máis información de datas e horarios en www.deputacionlugo.gal.
Distribución das actuacións por zonas
Son 44 Concellos da provincia os que acollerán 104 actuacións de grupos teatrais lucenses co Buxiganga da Deputación. A distribución por zonas é a seguinte.
A Mariña: son 34 espectáculos teatrais en 15 Concellos. A distribución é a seguinte: Riotorto 2; A Pontenova 1; Ribadeo 3; Trabada 2; Barreiros 4; Foz 5; Lourenzá 2; Alfoz 2; Burela 2; O Valadouro 2; O Vicedo 3; Viveiro 3; Xove 1; Cervo 1; e Ourol 1.
Terra Chá: son 19 espectáculos teatrais en 7 Concellos. A distribución é a seguinte: Pol 4; Castro de Rei 3; Guitiriz 2; A Pastoriza 1; Vilalba 4; Xermade 2; e Begonte 3
Comarca de Lugo: son 19 espectáculos teatrais en 7 Concellos. A distribución é a seguinte: Castroverde 4; Lugo 3; O Corgo 4; Friol 2; Guntín 1; Outeiro de Rei 3; e Rábade 2.
Comarca de Sarria: son 11 espectáculos teatrais en 4 Concellos. A distribución é a seguinte: O Incio 2; Láncara 2; Samos 1; Sarria 6; .
Comarca da Ulloa: 1 espectáculo teatral en 1 Concello. A distribución é a seguinte: Monterroso 1.
A Montaña: son 3 espectáculos teatrais en 2 Concellos. A distribución é a seguinte: Navia de Suarna 1; As Nogais 2.
Lemos e Chantada: son 17 espectáculos teatrais en 8 Concellos. A distribución é a seguinte: Bóveda 3; Monforte de Lemos 2; Quiroga 2; Pantón 2; O Saviñao 2; Sober 2; Ribas de Sil 2; Carballedo 2.






















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



