Lugo 16-6-17. O voceiro do Executivo da Deputación, Álvaro Santos Ramos, informou este venres sobre a aprobación na Xunta de Goberno do inicio da contratación de melloras por valor de máis de 1,5 millóns de euros en 20 quilómetros de 4 estradas provinciais, que discorren polos Concellos de Cervantes, Friol, Baralla, Becerreá, Castro de Rei e Pol.
Estas son as seguintes:
– LU-P-0702, de Becerreá a Navia por San Román de Cervantes. O Goberno da Deputación achega 800.000 para o acondicionamento de 10 quilómetros en 3 treitos: dende o quilómetro 0 ao 3, do 10.600 ao 11.385 e do 17 ao 23. Todos eles discorren polo municipio de Cervantes.
– A LU-P-2101 de Friol a Parga. O Goberno da Deputación achega 200.000 euros para a mellora de 2,5 quilómetros: dende o 9,300 ao 11,780. Con estas actuacións, o Executivo Provincial rematará o arranxo integral desta vía, na que leva investido máis de 1 millón de euros. Trátase da vía que une Friol e Guitiriz, un dos principais accesos da zona á A-6, así como a principal vía de comunicación a 10 parroquias.
– A LU-P-0508, da LU-170 por Castrolanzán. O Executivo Provincial achega máis de 205.000 euros a mellora de 2,5 quilómetros desta vía no Concello de Baralla, principalmente, e dun treito máis curto en Becerreá. As actuacións levaranse a cabo dende o quilómetro 4,5 ao 7.
– A LU-P-1611, de Castro de Rei a Pol. O Goberno da Deputación inviste 360.000 euros no arranxo de 4,5 quilómetros, que discorren polos Concellos de Castro de Rei e Pol. Concretamente, dende o punto quilométrico 99,5 ao 104.
Outros 200.000 euros na roza de vías de 16 Concellos
A Xunta de Goberno aprobou con máis de 200.000 euros a contratación de 7 autónomos e pequenas empresas da provincia para a realización dos traballos de roza en estradas provinciais de 16 Concellos.
O presuposto e os municipios distribúense do seguinte xeito: son 36.400 euros para a rozas de estradas provinciais na Pontenova, Riotorto e A Pastoriza; 27.300 euros para as de Castro de Rei, Pol e Meira; 29.000 euros para as de Ribeira de Piquín e A Fonsagrada; 26.000 para as de Negueira de Muñiz e Navia de Suarna; 23.700 euros para as de Becerreá e As Nogais; 30.700 para as de Cervantes e Pedrafita do Cebreiro; e 29.100 para as de Chantada e Carballedo.
Santos Ramos explicou que “en total, coas contratacións que aprobamos hoxe e coas da semana pasada, levamos investido preto de 360.000 euros na roza de vías provinciais de 31 municipios da provincia. O conxunto destes traballos foron adxudicados a 12 autónomos e pequenas empresas. Nas vindeiras semanas, adxudicaremos os traballos de roza nas estradas provincias dos restantes 36 Concellos da provincia con outros 440.000 euros, pois en total achegamos 800.000 euros a esta programación nas vías dos 67 municipios”.
13 novos empregos en 8 Concellos
O Goberno da Deputación tamén aprobou a resolución de 13 desempregados lucenses que comezarán a traballar a vindeira semana en empresas e colectivos sen ánimo de lucro da provincia, a través do Ben Empregado3, máis social. Trátanse de 1 oficial de perruquería para traballar en Lugo; 1 albanel en Becerreá; 1 camareiro en Paradela, 2 na Fonsagrada e 1 no Corgo; 1 axudante de cociña na Fonsagrada; 1 oficial de primeira en Pol; 1 enxeñeiro para oficinas técnicas en Lugo; 1 recepcionista en Becerreá; 1 community manager en Vilalba; 1 auxiliar de produción de viveiros en Abadín e 1 técnico superior en marketing e publicidade en Lugo.


























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



