Lugo, 29 de xuño de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, visitaron este xoves os 90 postos do Mercado Renacentista, que se celebra na Praza Maior e nas rúas do casco histórico de Viveiro desde hoxe ata o próximo domingo. Campos Conde remarcou a aposta do Goberno da Deputación por esta cita, xa que “o organismo provincial é a única administración que, xunto co Concello, promociona desde a súa primeira edición o Mercado Renacentista. Por iso destinamos para esta décima edición 8.000 euros que permiten impulsar unha cita moi importante para a actividade económica e a chegada de visitantes a Viveiro”.
Loureiro García agradeceu o apoio do Goberno da Deputación coa promoción turística da vila e avanzou que “nesta edición, como novidade, os veciños serán os protagonistas do acto máis importante do Mercado, xa que poderán representar distintos papeis no desembarco da chegada de Carlos V na praia de Covas”. Ademais está prevista para o sábado a multitudinaria comida na rúa, na que este ano xa están inscritas 1.500 persoas.
90 postos renacentistas ata o domingo
O Mercado Renacentista de Viveiro celébrase desde este xoves ata o domingo, día 2, e ten como escenario a Praza Maior do Concello, así como todas as rúas do casco histórico da vila.
Nesta edición, a número 10, haberá 75 actividades programadas, así como 90 postos relacionados coa época renacentista, como por exemplo; artesanía, bisutería, madeira, ferro, produtos tradicionais e da Comarca ou roupa. O Mercado remata o domingo, co gran desfile de despedida con todas as compañías que participaron nesta cita, no que haberá moitas sorpresas.




















A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



