Burela, 4 de xullo de 2017. Do 17 ao 30 de xullo terá lugar o III Torneo de Tenis Concello de Burela Memorial José Luis Yebra. O evento está organizado polo Club de Tenis-Pádel A Marosa e conta coa colaboración de Concello burelés.
O torneo disputarase nas modalidades individual masculino e feminino e dobres masculino. A inscrición estará aberta ata o vindeiro día 14. As persoas interesadas en participar poden anotarse en clubdetenispadelamarosa@outlook.com ou nos seguintes números de teléfono: 630 744 347 e 687 433 380. A cota en individual masculino será de 5 euros para os socios e de 10 euros para os non socios; en individual feminino 3 euros para socias e non socias; e en dobres masculino a cota será de 5 euros/parella socios e 10 euros/parella non socios.
No acto de presentación, celebrado este martes no salón de plenos do Concello, participaron o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, quen sinalou que “Yebra era un amante do tenis, un deporte co que se involucrou moito, de aí que un ano máis lle queiramos render todos esta homenaxe. E desexámoslles aos organizadores que sexa un éxito”. Na rolda de prensa estiveron tamén Fernando e Juan Valle, membros da directiva do Club de Tenis.
O edil de Deportes engadiu que “o Concello colabora coa celebración deste evento deportivo, coa doazón dos trofeos que recibirán @s gañadores/as. Sempre tentamos estar a carón dos clubs de Burela que organizan torneos e actividades, que ademais de promover a práctica deportiva tamén supoñen unha promoción para o nome de Burela”.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 
