Burela, 7 de xullo de 2017. Mañá, sábado, terá lugar o acto de izado das bandeiras azuis nos areais bureleses que recibiron esta distinción. Ás doce e media da mañá procederase a izar a bandeira azul na praia de Ril e posteriormente farase o mesmo na de A Marosa. Tamén no areal de O Portelo izarase a bandeira ISO 14001. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, anima a todos os veciños a participar nestes actos.
O rexedor anunciou que “este sábado imos facer o acto de izar as bandeiras azuis que temos este ano para o noso concello. Imos comezar en Ril ás doce e media, e remataremos en A Marosa un pouco máis tarde. Non soamente estaremos nesas dúas praias. Na de O Portelo tamén temos a ISO 14001, que é unha bandeira representativa da calidade dos servizos e calidade das augas. Esas bandeiras tamén as imos colocar ao lado das bandeiras azuis porque son perfectamente compatibles e complementarias”.
Alfredo Llano quere “invitar a todos os veciños de Burela que queiran acudir a este izado de bandeiras. Sempre é un acto bonito que nos une un pouco a todos, que ven dicir que temos calidade nas nosas praias, polo tanto queda todo o mundo invitado a partir das doce e media deste sábado”.
O alcalde manifestou que “aproveitamos tamén este izado das bandeiras para marcar o inicio do servizo dos socorristas. Burela, como temos indicado durante estes días pasados, tiña 8 socorristas pedidos. Agora xa están seleccionados e este sábado a partir das doce tamén van iniciar o seu servizo. Van estar durante os meses de xullo, agosto e uns días de setembro”.
Llano agarda que “non haxa incidencias, pero polo menos temos a seguridade e a garantía de que haxa un control eficaz, e desde logo iso dá seguridade e confianza á xente que vaia aos nosos areais”.
Festa castrexa
Por outra banda, o alcalde referiuse á exposición de fotos sobre a festa castrexa, que se poderá ver dentro duns días en Burela: “vai haber unha exposición de fotos destas últimas edicións da festividade castrexa, onde aparecen diversas fotos representativas do que foi a celebración ata o de agora”.
Alfredo Llano dixo que “imos ver cómo artellamos un método para elixir unhas vinte fotos que chamen a atención, que sexan máis bonitas que as outras ou que destaquen por algunha razón”.
O rexedor burelés subliñou que “o noso propósito e ampliar esas fotos, e colocalas en diversos sitios distribuídas por todo Burela en diferentes fachadas e lugares públicos ou non, que estean na rúa, que poidan ser apreciadas por todo o mundo mentres pasean. Imos colocar unhas vinte que para seleccionalas ao mellor facemos unha especie de concurso, ou ben un equipo decidirá qué vinte fotos son as mellores para poder representar o que é a festa castrexa nas edicións anteriores. Estas fotos vanse colocar unha vez rematada esta edición”.





















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



