Lugo, 31 de xullo de 2017.- A Xunta de Galicia vén de conceder catro novas subvencións aos Concellos de Alfoz e do Valadouro por importe de 98.312 euros que se destinarán ao financiamento do servizo conxunto de recollida de lixo e outros residuos domésticos, a melloras turísticas, á contratación dun socorrista e a diversas obras de reforma nos centros educativos, nomeadamente, ao instituto de Alfoz.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, puxo en valor estes apoios e salientou que o Goberno galego colabora cos concellos lucenses, sen importar a cor política das alcaldías, cofinanciando importantes proxectos a impulsar dentro da liña de axudas que ten en marcha cada consellería e que contribuirán, cada unha delas no seu ámbito, á mellora da calidade de vida e da prestación de servizos públicos á súa veciñanza.
Servizo conxunto de recollida de lixo e residuos
A través do Fondo de Compensación Ambiental, que aproba a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o Goberno galego achegará máis de 53.500 euros para un servizo conxunto entre os concellos de Alfoz e O Valadouro.
A axuda permitirá financiar o servizo de recollida domiciliaria de lixo que comprende as funcións de recollida de residuos domésticos, así como a dos comercios, servizos e industrias dentro do ámbito territorial de ambos concellos e o correspondente transporte á estación de transferencia ou xestor autorizado. Tamén comprende o lavado e mantemento dos colectores, incluído os soterrados. E, finalmente a xestión do punto limpo emprazado en Valadouro pero de servizo mancomunado.
Por outra banda, a Consellería de Economía, Emprego e Industira financiará a contratación dun socorrista, achegando 3.000 euros, que se encargará da vixilancia e control dos espazos de baño, en particular, no concello de Alfoz.
Ás achegas da Xunta teremos que sumar tamén a prevista por Turismo de Galicia, por importe de 40.666 euros, para o acondicionamento da ruta de acceso á fervenza de Escouridal e sinalización deste importante recuso turístico e natural do municipio, que ademais constitúe unha senda peonil moi empregada polos sendeiristas.
Outra das axudas que o Goberno galego destina a estes municipios ten que ver co apoio aos centros educativos locais, entre as que destacan os preto de 2.000 euros que a Xunta achega para a mellora do valado metálico perimetral do IES de Alfoz, executada este verán.























O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



