NOTA DE PRENSA
O GMPP: a Delegación Municipal de Deportes non aproveita as axudas da Deputación.
Os populares aseguran que o Concello de Burela só recibirá sete mil euros.
Lamentan a falla de iniciativas e de proxectos en materia deportiva, e ofrécense para dar suxerencias.
O GMPP de Burela manifestou a súa sorpresa pola falla de iniciativas e proxectos da Delegación Municipal de Deportes para aproveitar os fondos que a Deputación Provincial de Lugo destinaba no presente ano 2009, porque das liñas que a Deputación establecía para conceder subvencións ós concellos, equipamentos deportivos, gastos correntes para eventos deportivos, gastos correntes para actividade permanente, investimentos e axudas polo temporal, só presentou solicitudes para dúas delas, polas que lle serán concedidos 2.500’00€ para as escolas deportivas e 4.500’00€ para actuacións no campo de A Marosa derivadas do temporal.
Pola contra, outros concellos, como Ribadeo, optaron a tres liñas de subvencións e teñen as tres, e por eso acadan once mil euros.
Para o PP burelés, esto é unha mostra máis da falla de iniciativas e de proxectos do bipartito burelés, neste caso en materia deportiva, área que dirixie Nieves Cando. Cando tén chufado dabondo a colaboración que ía ter a Deputación co Concello de Burela. Pois ben, só decirlle que a Deputación do PP no seu momento pagou integramente as obras de reparación da tribuna que vén de ser arranxada precisamente agora. E agora, a subvención da Deputación queda reducida ós 4.500’00€ indicados, cando a da Xunta é de 6.500’00€.
Igualmente, non deixa de ser chocante que o Concello de Burela, co volume de usuarios que Nieves Cando di que teñen as Escolas Deportivas, reciba para esta actividade menos ca concellos cunha poboación sensiblemente inferior. E por riba os convenios cos clubes deportivos de Burela para o presente exercicio presupostario de 2009 ainda están sen asinar.
Os populares indican que xa non saben que disculpas poñerá Nieves Cando, ou que calificativos nos dirixirá, pero o que é evidente é que hai concellos, de poboación similar e mesmo inferior ó noso, que reciben máis aportacións da Deputación. E esto logo de tentar vendernos estes dous anos e medio que agora sí que había apoio ó deporte base, agora sí que había interese por mellorar as instalacións e un largo etcétera que se demostra co paso do temo que non era máis ca un intento de engano masivo. A realidade é tozuda: axudas para deportes da Deputación para o Concello en 2009, sete mileuros; eso sí, cobraranse dentro de cinco ou seis meses, como mui rápido. Se xa é grave que tarden un ano en conceder as subvencións logo de que fora aprobado o presuposto, tan grave é este retraso que se producirá no cobro.
Finalmente, por todo o indicado, é polo que lle pedimos a Nieves Cando que se aplique no traballo, e que non perda nin a máis mínima oportunidade de acadar unha subvención. E se non sabe, que pregunte, que lle daremos ideas e suxerencias.
























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



