Lugo 1-8-17. O Concello de Mondoñedo colabora con este proxecto, ‘Sons de Gallaecia’. Durante a súa intervención, Elena Candia subliñou a importancia de que ‘Sons de Gallaecia’ teña a súa parada tamén na “nosa cidade, sendo a localidade máis humilde das tres nas que se desenvolve este proxecto”. A Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia ofrecerá concertos en Mondoñedo, Vilalba e Lugo.
Neste eido, a alcaldesa tivo palabras de orgullo polo leitmotiv desta xira 2017, “co recoñecemento a un dos nosos mindonienses máis ilustres, Pascual Veiga” e agradeceu o acto que se celebrará o venres en honor ao insigne escritor.
A rexedora tamén fixo fincapé en que se trata dun concerto ofrecido por nenos procedentes de diferentes espazos e ámbitos educativos e culturais como conservatorios, escolas de música ou bandas populares procedentes das catro provincias galegas. “É unha honra contar co concerto destes rapaces na nosa cidade”, ao tempo que destacou os valores do compromiso, do traballo conxunto, da amizade; xunto coa posta en valor da cultura e da tradición que de xeito tan acusado representa esta iniciativa e a creación da Banda Sinfónica Infantil de Galicia e a Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia”.
A actuación na localidade da Mariña está programada para este venres, 4 de agosto, ás 20 horas, na Praza da Catedral de Mondoñedo.
Nesta Xira 2017, a Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia fai unha viaxe musical por Mondoñedo, Vilalba e Lugo; a mesma que fixo o compositor e músico Pascual Veiga, mindoniense e autor da música do himno de Galicia, durante o traslado dos seus restos mortais a Mondoñedo dende Madrid, parando e recibindo homenaxes en Lugo e Vilalba. Con motivo da celebración do 110 aniversario da primeira interpretación do Himno Galego (La Habana, 1907); a Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia realizará este venres, 4 de agosto, unha ofrenda floral a Pascual Veiga no cemiterio de Mondoñedo.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



