BURELA (FNC) .- A Delegación de Igualdade de Burela pon en marcha unha campaña co lema Xoguemos a ser iguais. Segundo explica Neves Cando trátase “dunha campaña polos xoguetes e polos xogos non sexistas, porque cremos que o xogo é un elemento básico na vida das nenas e dos nenos, é a súa forma de comprender e asimilar o contorno no que viven, e tamén é un modo de medrar e de afirmar a súa identidade masculina e feminina”.
A edil nacionalista sinala que “cando xogan afianzan as súas capacidades e destrezas, afondan nas súas relacións interpersoais, comparten normas e regras e achéganse ao respecto e á cooperación entre iguais. E os xoguetes non son de nenos ou de nenas, xa que todos e todas poden xogar con todos os xoguetes, o importante é que se divirtan. E disto é do que pretendemos concienciar ás nais e pais coa nosa campaña, que cando elixan os xoguetes para os seus fillos e fillas teñan en conta que sexan para nenos ou para nenas indistintamente sen diferencias en función do sexo, que favorezan a súa autonomía persoal, que sexan variados e se adecúen ás preferencias persoais de cada neno e cada nena, que fomenten a creatividade, o desenvolvemento de habilidades que faciliten en resumo a relación, a comunicación e non empreguen a violencia. Elexir os xoguetes para as nenas e os nenos superando criterios sexistas é unha responsabilidade que non podemos eludir”.
A responsable da Delegación de Igualdade manifesta que “esta campaña que lanzamos polos xoguetes non sexistas compleméntase co obradoiro de xogos tradicionais e igualdade de oportunidades que se desenvolverá os días 4 e 5 de xaneiro de 11 a 13 horas para nenas e nenos de 6 a 12 anos. Trata a partir dunha serie de xogos tradicionais adaptalos a unha perspectiva de xénero incorporando novidades baseadas na aprendizaje cooperativa e coeducativa”.
Cando agarda que “esta campaña contribúa a seguir avanzando desde a fantasía e a creatividade en novos usos non discriminatorios do lecer e do tempo de ocio infantil a través de xoguetes e xogos, que divertindo, lles axuden a medrar en igualdade de oportunidades”.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



