Ribadeo, 11 de agosto de 2017. Intensa actividade cultural programada para esta vindeira ponte festiva en Ribadeo, mañá remata o Festival Internacional de Música Clásica e celébrase a Festa do Percebe en Rinlo. Ademais tocarán en Ribadeo Odaiko Percusión o luns e Xacarandaina o martes. O mércores 16, festividade do copatrón de Ribadeo, San Roque, actuará a Banda Municipal de Música ao mediodía, entre outras actividades que haberá ao longo da xornada. Esta programación era presentada este mediodía polo concelleiro de Cultura, Farruco Graña.
O edil de Cultura anunciou que “esta mesma tarde teremos a ocasión de participar no mercadiño que a Asociación Española de Loita contra o Cancro fai cada ano para recadar fondos. Será no parque de San Francisco”.
Farruco Graña tamén animou á xente “a asistir á Festa do Percebe, en Rinlo; será mañá, sábado. A gastronomía tamén é cultura; así que convido a todos e todas a que se acheguen mañá ata Rinlo para gozar do bo percebe e dunha festa de confraternización de carácter gastronómico”.
O concelleiro de Cultura en Ribadeo manifestou que “poderemos asistir mañá sábado, día 12, ás 20:00 horas, ao último concerto do Festival Internacional de Música Clásica. Imos despedir esta décimo segunda edición do Festival Internacional de Música Clásica con obras de Haydn e de Beethoven, da man do cuarteto de corda Penderecky String Quartet e do piano de Leopoldo Erice. Este festival é un dos eventos máis importantes da nosa programación cultural de verán e queremos recoñecer o empeño e a perseverancia do seu director, Leopoldo Erice, así como tamén a inestimable axuda de moitas persoas que a título individual ou no seu caso diversas institucións colaboran coa organización deste Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo que pon o nome da nosa vila ben alto no que a celebracións musicais se refire”.
Farruco Graña adiantou ademais que “o domingo día 13, ás oito da tarde no parque de San Francisco, tamén teremos ocasión de escoitar un concerto de clausura, neste caso do sétimo Curso de Iniciación ao Jazz, á Improvisación e á Música Moderna, que se celebra na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. Hoxe mesmo comezou este curso e durante esta fin de semana van estar aproximadamente unhas 20 persoas, mozos e mozas, homes e mulleres, que aman a música e que queren aprender un chisquiño máis aproveitando que é unha xornada de convivencia veraniega da man de catro profesores de percusión, de vento madeira, de vento metal e de corda”.
O responsable de Cultura no Concello de Ribadeo lembrou que “durante o verán seguimos facendo propostas vinculadas ao proxecto Apego. Para as nenas e nenos especialmente, aínda que tamén en xeral para todos os públicos, vai haber este luns 14, ás doce e media do mediodía no parque de San Francisco, un concerto didáctico de Odaiko”.
Farruco Graña subliñou que “outro dos eventos máis salientables desta fin de semana longa é a actuación do grupo de danza tradicional Xacarandaina. Será o martes 15 ás nove e media da tarde no Teatro. Xacarandaina é un grupo galego de baile e música tradicional de altísimo nivel que leva xa desde o ano 1978 investigando sobre a música e o baile tradicionais galegos. Poderemos gozar do seu bo facer este martes”.
O edil de Cultura manifestou que “o mércores é o día da festa do copatrón, a festa de San Roque. Ás once e media sairá da Oficina de Turismo a comitiva cos Cocos e os cabezudos que os acompañan. Haberá caramelos para todos e un momento de lecer dende a Oficina de Turismo ata a praza de San Roque acompañando aos xa lendarios Cocos de Ribadeo. Despois, unha vez que remate a misa de San Roque, a Banda de Música Municipal de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto das festas de San Roque, aproximadamente á unha e media. A partires das dez da noite haberá a tradicional verbena na rúa de San Roque”.
Graña comentou tamén que “ao longo da fin se semana podemos facer unha paradiña e achegarnos ao forte de San Damián para ver a exposición Unha mirada de antaño. Fotografías de Ruth Matilda Anderson. Está sendo todo un éxito, así que as persoas que aínda non puideron visitala ou aquelas que tan abraiadas que quedaron coa calidade das fotografías non deixen de facelo. Esta exposición é xestionada pola obra social de Abanca e o Concello colabora prestando soporte técnico para organizala aquí, en Ribadeo. É unha inmensa honra poder gozar desta exposición e os comentarios que está suscitando na xente son moi positivos, valorando moitísimo a calidade das fotografías”.





















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



