Lugo, 16 de agosto de 2017. Este luns, 14 de agosto, abriu o prazo de solicitude das axudas de concorrencia competitiva, por un valor total de 485.000 euros, que o Goberno Provincial pon a disposición de todos os clubs e entidades deportivas federados da provincia para colaborar coa súa actividade. Faino logo de que se publicasen no BOE e no BOP. Os interesados poden presentar as súas peticións ata o 4 de setembro incluído no Rexistro Xeral da Deputación ou en calquera das dependencias que establece a lei.
Son axudas dun máximo de 4.000 euros e dun mínimo de 300 euros para colaborar coa actividade competitivas dos clubs. Son dun máximo de 2.000 euros e dun mínimo tamén de 300 euros para colaborar na organización de eventos.
O requisito é ser da provincia de Lugo e estar federado. Poden participar clubs e entidades de todas as disciplinas deportivas. De feito, a distribución dos fondos totais de case medio millóns de euros fíxose por modalidade e en base ao seu numero de licencias oficiais que figuran oficialmente.
Cómpre subliñar que os clubs ou entidades deportivas que desenvolvan a súa actividade competitiva en máis dunha disciplina deportiva poderán optar a un máximo de 3 axudas: 2 por actividade competitiva e 1 por organización de eventos deportivos.
Criterios sociais
Dentro da súa aposta por unha Deputación social, o Goberno Provincial incorporou nas bases desta convocatoria de axudas criterios para favorecer a igualdade e a integración, así como recoñecer o esforzo competitivo. Deste xeito, valorarase positivamente as solicitudes de equipos mixtos, femininos ou con persoas con capacidades diferentes. Tamén aqueles que sexan de localidades pequenas, de Concellos de menos de 2.000 habitantes, especialmente do rural. Así mesmo, puntuarán os resultados, ascensos ou galardóns en competicións.
Os concorrentes deben saber que, en caso de erros na entrega de documentación, os requirimentos para emendar as posibles deficiencias realizaranse, exclusivamente, a través da páxina web da Deputación (www.deputacionlugo.gal).






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
