Burela 16-8-17. Con nove días de pretempada, o Pescados Rubén Burela FS de Julio Delgado e Iván Cao ‘Lucas’ estreará o calendario de amigables xa este sábado, na pista do Ourense Envialia (Os Remedios, 19.00 horas): “É aínda cedo, tan só levamos dúas ou tres sesións de pista, pero imos coa ilusión de competir contra o actual campión de Copa e de poñerlle as cousas difíciles. Queremos mostrarnos, sobre todo, como un equipo competitivo que vai buscar estar o máis arriba posible na liga. O Ourense é un equipo con poucos cambios e con bos reforzos; vai ser un dos chamados a loitarlle ao Navalcarnero a liga” explicaba Julio.
A nave burelista de 2017-18 manterá a dirección e o rumbo que tantas ledicias outorgou nas últimas tempadas á Familia Laranxa: “Xa levamos dous anos traballando de forma conxunta e creo que estamos facendo un bo labor. Nesta liña seguiremos traballando, aínda que o peso recaerá un pouco máis esta tempada en Julio” explicaba Lucas, sobre o que Julio tamén incidía: “Seguiremos traballando xuntos, da man, aínda que Lucas non vai poder dedicarlle todo o tempo que desexaría”.
Pouco a pouco o novo Pescados Rubén de Primeira RFEF 2017-18 vai formándose, cunhas primeiras sensacións inmellorables sobre a pista: “É un equipo con novidades e moita ilusión, que volve ao traballo despois de facer unha tempada bastante boa. É un proxecto moi ilusionante, que aspira a conseguir un pouco máis este ano en consonancia coa aposta e esforzo que está facendo o club. Marcámonos uns obxectivos ambiciosos, queremos loitar por todo. Sabemos que vai ser complicado, pero nós temos ilusión e ganas” coincidían en asegurar ambos os técnicos.
Á espera do regreso de Cilene e da formalización do contrato de Julia Forsiuk, o cadro laranxa feminino traballa tamén con incorporacións do filial: “Pouco a pouco van chegando as xogadoras; tamén están traballando con nós deportistas do Comarcal A Fervenza, dúas porteiras e catro xogadoras, que tamén nos están dando un pouco máis de calidade e profundidade á hora de traballar as sesións; estamos coñecendo a xogadoras moi novas e esperamos que nun futuro formen parte deste club”.
“É un verdadeiro orgullo traballar cun equipo feminino porque teñen unha entrega formidable. É un inicio duro, con sesión dobre case todos os días, e, non obstante, as sensacións son boísimas. Hai bo ambiente, cunha mestura de xuventude e veteranía espectacular. Hai moita carga de traballo pero dende o corpo técnico estamos moi contentos co seu rendemento” recoñecía Julio Delgado, sobre o que Lucas puntualizaba: “É imposible non estar contentos con estas xogadoras”.
Corpo técnico
Xunto a Julio e Lucas traballarán cóbado con cóbado o preparador físico Míchel Couceiro e a fisioterapeuta Sandra Saavedra; a xogadora Emma Losada asumirá as responsabilidades de delegada.
Calendario confirmado de agosto
Sábado 19 de agosto, Os Remedios (19.00 horas): Ourense Envialia-Pescados Rubén Burela FS
Venres 25 e sábado 26 de agosto, Torneo Internacional Cidade Viana do Castelo (Benfica, Poio Pescamar, VV Pernis, Santa Luzia e Pescados Rubén)
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
