Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2017.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a formalización do contrato para a restauración da Casa dos Cóengos da catedral de Nosa Señora da Asunción de Mondoñedo, unhas obras cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 6, prioridade de investimento 6.3, obxectivo específico 6.3.1, actuación 6.3.1.1. Segundo pode consultarse no enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170823/AnuncioG0164-080817-0004_gl.html o importe desta actuación, que conta cun prazo de execución de 6 meses, ascende a 279.854,23 euros.
Cómpre lembrar, ademais, que o departamento de Cultura da Xunta de Galicia vén de publicar (http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170804/AnuncioG0164-010817-0003_gl.html ) a licitación do contrato de obras de restauración da cuberta da catedral e claustro da basílica de Nosa Señora da Asunción de Mondoñedo, en Mondoñedo, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 6; cuxo importe ascende a 809.581,44 euros. Deste xeito, o investimento da Consellería no templo mindoniense elevarase por riba do millón de euros.
Reparacións estruturais
Os traballos na Casa de Cóengos consistirán na consolidación e reforzo dos muros de carga, reposición de revocaduras exteriores e interiores nas zonas deterioradas e reforzo da estrutura horizontal e da estrutura de cuberta. Así mesmo, restaurarase o entaboado de madeira existente, a escaleira e as carpinterías exteriores. Ademais, dotarase o edificio de preinstalación eléctrica.
A Casa dos Cóengos é unha edificación do século XIX forma parte do conxunto catedralicio de Mondoñedo, xunto coa catedral, o pazo episcopal e a horta, configurando unha peza urbana de funcionamento independente dentro do conxunto que, aínda que no seu tempo albergou dependencias para uso dos cóengos, na actualidade está libre e sen uso que se edificou en dúas fases.
Na actualidade presenta problemas de estabilidade estrutural importantes que cómpre resolver para poder dotar ao edifico dun uso viable e sostible que garanta o seu mantemento e conservación futuras, evite a súa deterioración e resolva as patoloxías actuais derivadas da inestabilidade da estrutura.




















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



