Coida un que o mar de Manuel María, como o de Leiras Pulpeiro ou o de Alvaro Cunqueiro, era o mar de Foz. Os tres o tiñan ao norte, e a Chaira luguesa e o val de Mondoñedo aquí a saída natural ó océano.
Gardamos na memoria de rapaz a lembranza dos labregos chairegos que, polo remate do verán, tralas duras faenas da sega, a malla e demais labores do campo, chegaban á beiramar a repoñer os seus corpos esgotados, cos nove baños preceptivos e os correspondentes días de vagar. Eran os chairegos de Manuel María que por uns días abandonaban a tribo para acudir á reparadora visita do seu mar…
Acaso non poda decirse que o poeta tivese amores co mar: os seus amoríos eran mais íntimos, mais próximos, daí que a súa lira vibrase con mais emoción ante a presencia do minúsculo regato do Cepelo ou, noutra dimensión, co pai Miño,”un río de luz, polo que algún día habemos navegar”. “O mar — decía él –, é moi grande e eu moi pequeno”.
A evidencia non significa que o vate non fose sensible á realidade maxestuosa do mar, chegando a identificalo co home: ”Nós somos mar. Estamos rodeados, cinguidos polo mar; e a amosar a inquedanza pola problemática social ; e fala “das noites de trebón / que fan naufragar a embarcación”; así como da exigua soldada do traballador… ”ao ver o precio do peixe/ é xusto que me queixe/ que non coide normal; o diñeiro que o mariñeiro/ percibe de xornal…”
Manuel María foi asíduo do mar de Foz, ó que cantou en versos florecidos na súa louvanza .” O mar de Foz, amiga, de ronseles floridos/ polo que navegan os versos mais floridos/. O mar de Foz, amiga, de gaivotas e navíos / leva por mareas os soños mais esguíos./ O mar de Foz, amiga,o mar dos mariñeiros / ten camiños de gozo e camiños tristeiros./ Eu a navegar, tan soio no meu mar”….“Sinto ó mar en mín, chamarme /coa súa voz rouca, enorme, poderosa/. É o meu vello amigo/,o mar de Foz, quen me reclama:/ coñezo o seu recendo rexo e masculino/ e quéreme ó seu pé, / perto dos mariñeiros, / dos labregos, / das xentes populares/ para darnos a súa forza/ e poñer en pé a nosa patria”.
Vivíu Manuel María as emotivas festas mariñeiras da Virxe do Carme, das que foi pregoeiro, e no relato “Cando o mar foi polo río” levou ó protagonista, Manuel de Paderna, ás festas do San Lourenzo e a bañarse na Praia da Rapadoira.
Sen dúbida foi o de Foz, o mar de Manuel María.

















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



