Lugo, 19 de setembro de 2017. O representante do BNG no Consorcio de Bombeiros da provincia de Lugo vai esixir na reunión do pleno deste organismo que se celebrará o vindeiro luns 25 de setembro que se leve a cabo unha exhaustiva investigación sobre os incumprimentos das cláusulas de concesións por parte das empresas concesionarias dos parques comarcais de bombeiros da provincia de Lugo. As empresas adxudicatarias son Veicar e Natutecnia e xestionan os parques de Chantada Viveiro, Barreiros, Chantada, Sarria, Monforte e Vilalba.
Estes incumprimento por parte das empresa foron denunciados días atrás polo comités de empresa da provincia e fixéronse chegar a todos os grupos políticos da Deputación, así como á dirección do consorcio. “Resulta totalmente inaceptábel que persoas comodamente sentadas no seu despacho especulen cos cartos dos traballadores que se xogan a vida apagando os lumes”manifestou o voceiro do BNG Xosé Ferreiro.
“Esta investigación tan só será efectiva se se leva a cabo por persoas independente, totalmente alleas ás empresas e ao propio consorcio, dado que son cantidades elevadas as que se están a defraudar segundo este informe dos representantes do persoal e para que isto ocorrese, tiveron que contar co consentimento de algún estamento do propio consorcio” sinalou Ferreiro.
O BNG tamén porá enriba da mesa a necesidade de que os cartos que se puideran ter defraudados sexan devoltos ás arcas do Consorcio, así como que se tomen medidas contra as empresas, chegando incluso á rescisión do contrato se fose necesario. Outro aspecto tamén fundamentas sería coñecer as persoas responsábeis de que esta situación se producira, tomando tamén as medidas oportunas.
“Dende o BNG non descartamos levar estes informes á Fiscalía para que esta investigue, no caso en que a dirección do consorcio non a faga co rigor necesario ou se o resultado desta non sexa o claro, transparente e contundente que debera”, afirmou o deputado Xosé Ferreiro
Hai que lembrar que aos bombeiros de Lugo estáselles a “regatear” os fondos necesarios para igualarlles o salario cos outros traballadores de Galiza e mentres tanto parece que se lles permite que as empresas concesionarias levan a cabo este tipo de prácticas.
Os incumprimentos denunciados polos traballadores, de xeito resumido, son:
– Ausencia da formación aos traballadores comprometida nos contratos
– Ter nalgúns momentos menos traballadores contratados dos que se especifica no contrato.
– Non ter operativa a bolsa de traballo para contratacións temporais.
– Non se substitúe ao persoal cando hai baixas ou ausencias imprevistas.
– Non se substitúen os vehículos avariados.
– Non se subministran os uniformes contemplados nas melloras ofertadas pola empresa.
– Exceso de horas traballadas e ausencia das melloras sociais para os traballadores.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



