Santiago de Compostela, 20 de setembro de 17. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, presentou hoxe a emenda de devolución do proxecto de Lei de Portos de Galicia que vén de presentar o goberno galego na Cámara autonómica. Advirte que a proposta “está desfasada, é decepcionante, prepara o terreo para a proliferación de chiringuitos portuarios e dá barra libre nas concesións ás empresas privadas”.
Toja explicou que se trata dunha norma que leva xa tres anos de tramitación no Executivo autonómico, garantindo que “moitos dos informes presentados en orixe estean desfasados”. Ademais, considera que se trata dun texto “decepcionante” que, a pesares da súa extensión -147 artigos- non supón impacto orzamentario, social ou ambiental, e que deixa sen regular aspectos como as taxas portuarias.
Criticou que estea “baseada nun modelo de portos como entidade pública empresarial, o que entre outras cousas permitirá crear un número indeterminado de empresas públicas portuarias”. Explica que Portos obtén os seus recursos “vía taxas e subvencións, que supoñen o 50 por cento do total de ingresos”, polo que “non parece razoable que sexa unha entidade pública empresarial con criterios económicos e de beneficios.
Barra libre
Ademais, dixo, ofrece “barra libre para as concesións das empresas privadas”, e sinalou que mentres a UE establece un prazo máximo de 5 anos para estas concesións, a Lei actual fixa o prazo en 30, pero a nova norma o amplía ata 50 prorrogables ata 75. Criticou que a regulación sexa “excesivamente xenerosa coa participación da iniciativa privada sen que se teña en conta a defensa dos intereses xerais”.
Resumiu que “estamos ante un Goberno que pon os intereses privados por riba dos públicos en canto ás concesións, á creación de empresas portuarias e ao modelo de xestión empresarial”.
Finalmente, advertiu que a proposta de Lei “non contempla a necesaria coordinación e participación das administracións locais, e incluso pode colisionar co principio de autonomía local”. Neste sentido explicou que “deixa ás administracións locais nun segundo plano, impoñendo consideracións urbanísticas peculiares, problemáticas e non pactadas, prexudicando ás administracións locais”.





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



