Burela a 26 de setembro de 2017. “A fisioterapia respiratoria é unha rama da fisioterapia que trata os síntomas das enfermidades respiratorias, tan comúns entre os nenos pequenos”, explican dende CIG Saúde A Mariña.
Unha prestación sanitaria que non é ofertada na nosa comarca o que obriga ás crianzas e familias a derivarse a Lugo, o que supón un gasto sanitario a maiores que teremos que asumir dos nosos petos polo simple feito de elixir vivir na Mariña, afirman.
“Estes desprazamentos innecesarios a Lugo non deixan de ser unha decisión política, xa que os profesionais de fisioterapia do Hospital da Costa demandaron no seu día á Xerenta Carmen Durán Parrondo e á actual equipa directiva dirixida por Maria José Cortés asumir ditos tratamentos na comarca previa formación, algo ao que se negaron de xeito reiterado dende a Xerencia Executiva do centro hospitalario”, aclaran dende a central nacionalista.
Dende CIG Saúde A Mariña observan con particular preocupación a política sanitaria da Xunta, na medida que se sustenta nunha redución dos fondos destinados a sanidade pública e que propón un novo modelo de organización do sistema sanitario que implica a centralización dos servizos hospitalarios na cidade de Lugo e a perda de servizos e prestacións no Hospital da Costa así como desprazamentos constantes da poboación da Mariña ao Hospital de Lugo para realizar probas e consultas que ate agora realizaban no Hospital de Burela.
“Namentres o delegado territorial da Xunta, Jose Manuel Balseiro Ourol insiste en enganar e mentir á cidadanía ao afirmar que na Mariña hai cada vez máis e mellores servizos sanitarios, cando realmente o modelo sanitario do PP limita os dereitos dos veciños e veciñas da comarca e condénaos a acceder a unha sanidade de segundo nivel”.
“Máis e mellores servizos é derivar a implantación de marcapasos a Lugo?, máis e mellores servizos é derivar as fimoses dos nosos nenos a Coruña?, máis e mellores servizos é derivar cirurxías e probas diagnósticas a Lugo?, máis e mellores servizos é derivar a fisioterapia respiratoria a Lugo?. Señor Balseiro, realmente é este o seu modelo dunha sanidade digna e de proximidade? ”, pregúntanse dende a federación da saúde.
Dende CIG Saúde A Mariña, unha vez máis, esixen a retirada da reforma da Lei de Saúde e apostan por unha sanidade pública de calidade e de proximidade independentemente de onde viva a cidadanía.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



