O Vicedo (Lugo), 14 de outubro de 2017.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez, realizou hoxe unha visita ao curso de iniciativa local para a xuventude promovida polo Concello do Vicedo en relación cos actuais proxectos resineiros.
O obxectivo desta acción é difundir e poñer en valor entre a mocidade local as novas alternativas que pode ofrecer o monte galego e así favorecer a inserción laboral dos mozos e mozas participantes, concienciar acerca do estado das masas forestais ou fomentar o respecto ao medioambiente, entre outros.
A iniciativa responde, por unha parte, á necesidade de mellora económica dos sistemas forestais e a procura de novas alternativas de aproveitamento, e por outra, á falta de oportunidades da mocidade no ámbito rural.
O proceso coincidirá coa posta en marcha dun aproveitamento de resina, desde a localización e limitación de parcelas ata a venta de materia prima en fábrica. Deste xeito, os participantes adquirirán a formación básica para comezar o seu propio aproveitamento.
A Xunta de Galicia, achegou 5.763,50 euros para a posta en marcha desta iniciativa na que están a participar 14 mozos e mozas.
Cómpre destacar que a orde de subvencións ás entidades locais de Galicia para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á xuventude durante o ano 2017, está dotada cun orzamento de 609.025,67 euros, o que permitiu a financiación de 104 proxectos dos cales 19 corresponden á provincia de Lugo (que contou cunha achega de preto de 100.000 euros).























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



