Viveiro 1-11-17. O pasado 30 de outubro nunha multitudinaria asemblea informativa, o colectivo de apoio á Plataforma Sanitaria Somos Unha Área Viveiro, sentou as bases para o inicio de unha serie de actos pola defensa da Área Sanitaria e en contra da privatización da sanidade. O colectivo Somos Unha Área Viveiro logrou reunir ao tecido saociativo da localidade , veciñ@s e cargos políticos nun acto no que se aprobaron unha serie de actos lúdicos e reivindicativos na defensa da sanidade pública, a celebrar ao longo do mes de novembro.
A asemblea comezou coa intervención do Presidente da Xunta de Persoal da Área da Mariña e da Coordinadora da Plataforma Sanitaria da Mariña , que fixeron fincapé nas pretensións por parte do goberno da Xunta de Galicia de suprimir a Área Sanitaria da Mariña e convertela nun distrito sanitario dependente do Hula. As consecuencias para os veciñ@s da Mariña serán desastrosas xa que se incrementaran as derivacións cara a capital distante a cen quilómetros cunhas infraestruturas nefastas, para recibir servizos que antes se proporcionaban aquí – manifestan.
Abordaron tamén o desmantelamento progresivo da Atención Primaria na comarca, coa amortización de plazas de médic@s, enfermeir@s e demáis persoal engadido á falta de cobertura dos permisos , vacacións e baixas, que revirte nunha deficiente atención sanitaria ao sobrecargar ao persoal xa de por si deficitario. A Atención Primaria é a base de toda a atención sanitaria, o primeiro contacto do doente cos servizos sanitarios e non é de recibo que non se imparta a atención que demanda cada doente pola sobresaturación d@s profesionais que mesmo fan máis horas da súa xornada motu propio para garantir a atención que se merecen-refiren .
No referente a Lei de Garantias sanitarias recentemente aprobada critican a teima do PP por adornar con palabras bensoantes o que é un engano manifesto, pois cando a lei di que “o incumprimento dos prazos dados para a asistencia ( entre 45 e 60 días) oferta ao doente tres opcións: optar voluntariamente por seguir na lista de agarda, solicitar atención noutro centro do Sergas ou reclamar a atención nun centro concertado-privado con factura a cargo da Xunta”, é a excusa perfecta para dar un marco legal á privatización da sanidade- conclúen dende a Platafarma Sanitaria.





















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



