Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2017.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe a resolución da convocatoria do programa de innovación educativa Observa_Acción: Innovación docente desde a observación, a avaliación e o intercambio entre iguais. Este é o segundo ano que se desenvolve esta iniciativa na que, en versión de pilotaxe, participaron cinco centros educativos, que realizaron ou programa de observación e mentorado entre pares cun intercambio educativo final. O programa desenvolverase ao longo dos cursos 2017/18 e 2018/19.
Os participantes son centros que imparten ensinanzas de primaria ou secundaria e que funcionarán en asociacións de centros. A participación realizarase arredor das tres modalidade dispoñibles: Innova_Acción, para propostas didácticas, metodolóxicas e de avaliación innovadoras; Comunica_Acción, de reforzo da competencias comunicativa e o plurilingüismo; e Dixitaliza_Acción, para realizar propostas didácticas, metodolóxicas e de avaliación sobre competencia dixital e STEM.
Así, na primeira das modalidades (Innova_Acción) participarán o IES A Pinguela (Monforte de Lemos), Nº 1 de Ribeira (Ribeira) e de Sanxenxo (Sanxenxo); e na terceira modalidade (Dixitaliza_Acción) traballarán o CEIP Plurilingüe Santa Rita (Viveiro) e o CPI Dr. López Suárez (O Saviñao).
Intercambio e reflexión
O programa ten entre os seus obxectivos experimentar novas vías de formación do profesorado e favorecer a innovación educativa entre os docentes e os centros educativos de Galicia, así como con outros centros doutras Comunidades Autónomas e doutros países socios en proxectos internacionais. Para iso, facilítase que os docentes e os membros dos equipos directivos poidan observar de forma directa outras metodoloxías e enfoques didácticos nos procesos de ensino-aprendizaxe dos alumnos, outras formas de relación e comunicación e outras vías de xestión dos recursos propios e alleos aos centros; fomentando o traballo en equipo, a observación activa da práctica docente, o intercambio de boas prácticas, a reflexión, a formación metodolóxica sobre aspectos innovadores nos procesos organizativos e didácticos e a realización de proxectos de forma conxunta, tanto entre profesorado como entre centros educativos.
Ao abeiro desta intercomunicación, poderase deseñar e aplicar protocolos de observación de praxe docente e potenciar acción metodolóxicas innovadoras para a mellora dos procesos de aprendizaxe dos alumnos, así como tecer redes de intercambio entre docentes, equipos directivos e centros que fomenten o apoio mutuo e a cooperación permanente. Asemade, a posibilidade de contactar con centros de outros países e CCAA abre a porta mesmo a proxectos transfronteirizos neste sentido.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



