Lugo 3 de novembro de 2017. A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto presentou este venres no Círculo das Artes a XXVII edición do Festival de Jazz de Lugo que organiza a Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz, e que terá lugar do 11 ao 19 de novembro na cidade de Lugo. Fíxoo xunto a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre Vázquez, o Presidente da Asociación organizadora, Alberto Grandío, e o Secretario da Asociación, José Luis Díaz Núñez, así como a Delegada de Cultura na provincia, María José Gómez Rodríguez.
García Porto remarcou que esta nova edición “conta coa participación de 22 bandas do mundo do jazz de primeiro nivel, o que converte á cidade de Lugo nun destino único para desfrutar deste grandísimo xénero musical, e que este ano ademais conta cun destacado protagonismo feminino. O Goberno da Deputación achega 15.000 euros para a realización deste programa co obxectivo de promover eventos culturais na provincia. Facémolo no marco do 1º Plan Estratéxico de Turismo de Lugo, que define estes obxectivos como unha das liñas de actuación para impulsar o turismo e xerar riqueza na nosa provincia”.
Alberto Grandío e Xosé Luís Díaz, membros da Asociación Amigos do Jazz agradeceron a implicación de todos os organismos implicados na realización desta cita, e avanzaron que esta edición “é a máis feminina das que se teñen celebrado ata o de agora, xa que dos 22 concertos presentados, 20 deles serán interpretados por mulleres”. Avanzaron que o cartel deste ano está composto por músicos de primeiro nivel, e que contará con participación galega como María Toro, frautista e compositora que vive en Rio de Xaneiro.
Programación
Círculo das Artes (Escenario 1906).- A entrada a todos os concertos é de 10 euros.
– O sábado 11 de novembro ás 20:30 horas, terá lugar o concerto de Ricca.
– O domingo 12 de novembro ás 18:00 horas, sesión para toda a familia con Por mí, Swing + o sister!.
– O luns 13 de novembro ás 20:30 horas actúa Ingrid Jensen & Christine Jensen Quintet.
– O martes 14 de novembro ás 20:30 horas canta María Toro Project.
– O mércores 15 de novembro ás 20:30 horas turno de Magos Herrera.
– O xoves 16 de novembro ás 21:30 horas actuación de Allison Miller “Boom tic boom”.
-O venres 17 de novembro ás 21:30 horas sesión de Dave Douglas & Chet Doxas: Riverside with special Guest Carla Bley.
– O sábado 18 de novembro ás 20:30 horas, actuación de Charennée Wade.
– O domingo 19 de novembro ás 20:30 horas, toca Melisa Aldana Quartet.
Club Clavicémbalo.- A entrada a todos os concertos será de 5 ou 10 euros.
– O sábado 11 de novembro ás 23:45 horas, actuación do quinteto de Olga Reiznichenko.
– O luns 13 de novembro ás 23:00 horas turno para Leira Castro.
– O martes 14 de novembro ás 22:00 horas, concerto de Pere Navarro Quintento, que será emitido en directo en Radio 3. (concerto de balde)
– O mércores 15 de novembro ás 23:30 horas actuación de Michael Olivera Group.
– O xoves 16 de novembro ás 23:45 horas, turno para Alejandro Vargas Trio.
– O venres 17 de novembro ás 23:00 horas, sesión de Odojazz.
– O venres 17 de novembro ás 23:55 horas, toca Mariola Membrives “Omega 20.16”
-O sábado 18 de novembro ás 23:50 horas terá lugar o concerto de Los hot chocolates.
Vello Cárcere.- A entrada a estes concertos é de balde ata completar aforo.
– O domingo 12 de novembro ás 13:00 horas sesión de Sisters in the house. Organiza a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo.
– O domingo 19 de novembro ás 13:00 horas concerto de EJAZZ, con Carmen Rey, Ángeles Dorrio, Marga Ramos e Betty Queiro.
Ho!Gruf.-A entrada a este concerto é de balde ata completar aforo.
– O sábado 18 de novembro ás 14:00 horas, actuación de Sesión Vermú con Marian Ledesma & Tinaquero Brother.
Casa do Saber.- A entrada a este concerto é de balde ata completar aforo.
-O xoves 16 de novembro ás 20:00 horas sesión con Guillermo Mcgill Quartet
Entradas
O prezo das entradas é de 10 euros (ou 5 para estudantes), e o abono para tódolos concertos será de 60 euros. Os tickets poden adquirise nas mesmas salas dos concertos, ou online, na dirección www.notikumi.com/channel/festival-jazz-lugo.
Lugo, o decano dos que se celebran en Galicia
A Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz ten como principal actividade a organización do Festival de Jazz de Lugo. Este festival celebrase en Lugo dende o ano 1991. O festival deu cabida nestes anos, tanto a estrelas e primeiras figuras internacionais como a novos valores do Jazz mundial, o máis destacado do jazz estatal e tamén do mellor jazz galego. Cabe destacar que o Festival de Jazz de Lugo é o decano dos que se celebran en Galicia.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



