Lugo, 14 de novembro de 2017.- Os profesionais sanitarios da provincia de Lugo contarán coa figura do Interlocutor Policial Territorial Sanitario, dous expertos designados pola Policía Nacional e a Garda Civil, que lles proporcionarán unha maior protección e seguridade xurídica en caso de agresións.
A nova figura, vai dar resposta ás demandas que neste ámbito formula o persoal que traballa nos centros sanitarios e busca convertese, a súa vez, no enlace de comunicación permanente coas forzas de seguridade. Os interlocutores policiais ofrecerá tamén asesoramento sobre as medidas adecuadas para previr e reducir as agresións.
Así o explicaron esta mañá o delegado territorial da Xunta en Lugo, Jose Manuel Balseiro quen, xunto ao subdelegado do Goberno nesta mesma provincia, Ramón Carballo, presentaron o novo protocolo de actuación.
Asistiron tamén á xuntanza os responsables territoriais da Consellería de Sanidade e Presidencia –entre eles o xerente da EOXI Lugo, Cervo, Monforte, Ramón Ares e representantes dos Colexios provinciais de Médicos e de Enfermería, xunto a responsables da Garda Civil, da Policía Nacional e da Policía Autonómica.
Novo protocolo
A nova instrución 3/2017 da Secretaria de Estado de Seguridade sinala que o obxectivo desta figura do interlocutor é a de lograr un contacto más directo e fluído cos corpos de seguridade no caso de que se produza unha agresión.
Xunta e Goberno central manteñen o compromiso firme de loitar contra calquera forma de violencia e traballan na prevención permanente para garantir a plena protección e atención do seus profesionais que velan pola nosa saúde.
O novo protocolo establece medidas preventivas que reforzarán os dispositivos de seguridade e vixilancia na contorna dos centros sanitarios. Tamén se organizarán actividades formativas e informativas para que os profesionais poidan previr estas situacións e saiban protexerse.
Do mesmo xeito, estase traballando na elaboración dun catálogo e nunha clasificación de centros sanitarios; tanto públicos como privados, en función do seu “risco de acción delituosa” e que quedarán xeorreferenciados; á vez que se desenvolve o establecemento de canles de comunicación permanentes coas autoridades sanitarias.























O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O encontro, aberto ao público, terá lugar na Casa Museo Álvaro Cunqueiro e será moderado por membros da propia asociación. A sesión busca reflexionar colectivamente sobre a posibilidade de que Mondoñedo aspire a ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade, abordando a cuestión desde perspectivas históricas, patrimoniais, artísticas, naturais e humanísticas. A actividade comezará ás 11:00 h e a organización anima a toda a veciñanza a participar e compartir opinións.
O Comité de Empresa de Alúmina‑Aluminio San Cibrao informa de que a Secretaría de Industria convocou ao comité á 19ª reunión de seguimento do acordo de viabilidade, que se celebrará o venres 15 de maio ás 12:30 horas na Delegación do Goberno en A Coruña. Unha vez rematada a reunión, o comité procederá a informar aos traballadores sobre os resultados e avances do encontro.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.



