Lugo, 9 de novembro de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, e a Deputada de Cultura, Pilar García Porto, inauguraron este xoves a exposición Ephemera, a última obra do artista David Catá (Viveiro, 1988). A colección, que estará exposta ata o 28 de xaneiro na Sala de Exposicións do Museo Provincial, está composta de máis de 80 pezas principalmente fotográficas que amosan a particular visión artística de Catá, no que ensina como a vida se constrúe a partir de momentos fugaces. A entrada a esta exposición é totalmente de balde.
Campos Conde remarcou que “esta exposición reflicte o compromiso do Goberno da Deputación cos creadores da vangarda artística galega, como é o caso de David Catá. É imprescindible que as institucións cedan o espazo a novas producións galegas. Por iso, o Museo Provincial convértese nun lugar idóneo para visibilizar a labor dos creadores de vangarda, neste caso a David Catá, un artista xa consolidado”.
O Presidente da Deputación engadiu que “é un privilexio contar no Museo Provincial de Lugo coa obra deste recoñecido artista, que dende fai anos traballa en Viveiro no seu proxecto persoal, que abarca a pintura, a escultura, a fotografía e a videoperformance. Un traballo, ademais, internacional, pois a obra de David Catá, xa percorreu os países de México, Nova York, Perú, Cuba, Portugal, Camboya e España”.
Pola súa parte, a Alcaldesa puxo de manifesto “o compromiso da entidade provincial coa Cultura, co arte, en todas as súa manifestacións, e, sobre todo, coa promoción dos artistas novos e lucenses que están destacando no panorama creativo, mesmo a nivel internacional”.
Así mesmo, amosou “o seu orgullo de que Lugo acolla a exposición deste artista, un valor á alza no mundo da arte que se atopa nun momento de madurez creativa, logo de ter acadado unha importante cantidade de premios a todos os niveis, rexionais e nacionais; incluso sendo seleccionado en festivais internacionais como o de Berlín ou Nova York”.
O artista David Catá agradeceu a implicación do Goberno da Deputación na difusión desta exposición. “Hoxe é un autentico luxo, e un privilexio estar aquí na capital lucense, exhibindo por primeira a miña obra a titulo individual. Por iso quero dende aquí pedir a implicación de todas as institucións publicas para que promocionen as producións artísticas que están nacendo, e que merecen un espazo para ser recoñecidos polos publico en xeral”.
Prestixio internacional
David Catá (Viveiro, 1988) artista multidisciplinar, xa que traballa con técnicas artísticas como a fotografía, escultura, a aos con oito anos comezou no Conservatorio de Música de Viveiro. Tras graduarse en 2010 na escola de Bellas Artes de Vigo, gañou o certame fotográfico da Deputación de Ourense. Con este premio comezou o Máster en fotografía de concepto e creación, na EFTI de Madrid. Dende entón, o artista reside en Viveiro, onde traballa na súa obra, a cal conta con multitude de galardóns e prestixio internacional. Nesta última exposición, Catá explora como a fotografía pode prantar cara ao esquecemento, este traballo é o resultado dunha consolidación artística profesional.
Hotel Venecia
Antes de comezar o acto de inauguración desta nova exposición, David Catá sorprendeu aos asistentes coas súas composicións musicais inspiradas nas súas propias obras, coa actuación do seu grupo Hotel Venecia. Compoñen esta formación xunto a Catá, Juan Cabalar e Ana Represas.






















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



