Lugo, 17 de novembro de 2017. A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, e o Presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, Julián Alonso Díaz, presentaron este venres no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a IV edición de Micolucus. Trátase da revista lucense coa que colabora o Goberno da Deputación cunha achega económica de 3.000 euros, co obxectivo de promocionar, defender e divulgar a micoloxía na provincia de Lugo. Esta cuarta edición, inclúe nas súas 102 páxinas 17 artigos que afondan na micoloxía, botánica, anfibios, orquídeas, así como atractivas suxestións micogastronómicas, entre outros moitos temas. Esta publicación anual, caracterizada polo amplo rigor científico, está composta por traballos dunha altísima calidade informativa elaborada por expertos na materia que contan cun grande recoñecemento a nivel profesional.
López Izquierdo puxo en valor “o traballo realizado no eido da micoloxía durante 16 anos por parte da Sociedade Micolóxica Lucus para fomentar os valores naturais e medioambientais lucenses. Esta publicación, que se está a consolidar como referente no eido medioambiental, non só na provincia senón tamén do país, abre as portas ás novas vías de difusión do patrimonio natural lucense, sobre todo nas Reservas da Biosfera, que xestionamos dende o Goberno da Deputación”.
A Deputada de Promoción Económica e Social subliñou que “durante os últimos anos, ten aumentado moi notablemente o interese polo aproveitamento micolóxico, debido á súa importancia ecolóxica, nutricional, gastronómica e, ademais, lúdico turista. Con esta revista micolóxica, coa que colaboramos, os lectores coñecerán a riqueza e a diversidade de especies de cogomelos coas que contamos na nosa provincia”.
Pola súa banda, o Presidente da Sociedade, Julián Alonso Díaz, agradeceu a colaboración da Deputación e afirmou que “sen a súa sensibilidade e apoio non sería posible editar este IV número da revista que hoxe presentamos”.
Sociedade Micolóxica Lucus
A Sociedade fundouse en 2001 pola iniciativa dun grupo de afeccionados á micoloxía, cumpríndose ao fin un anhelo que tiñan moitos afeccionados en Lugo desde facía anos: unha asociación que canalizase todas as súas inquietudes no ámbito da micoloxía. Os obxectivos deste colectivo son fomentar os valores naturais lucenses e achegar esta ciencia á cidadanía coa posta en marcha de cursos de micoloxía, cuxa acollida foi positiva, pois as 140 prazas ofertadas cubríronse en poucos días. Un labor fundamental para fomentar a protección destas variedades micolóxicas e, sobre todo, evitar as intoxicacións por inxesta. O profesor é o presidente da Sociedade, Julián Alonso, Doutor en Ciencias Biolóxicas e experto micólogo, impartiu máis de 160 cursos, xornadas e conferencias ao longo da súa carreira.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



